Doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. CAP pola Facultade de Pedagoxía da UCM. Beca Stevenson para estudos de doutorado na Universidade de Edimburgo.
Ten simultaneado a labor docente e crítica coa xestión cultural e educativa, así como coa creación literaria. Foi profesora en distintas universidades inglesas e americanas, ademáis de directora académica na ESADT da Universidade de Kent. Como xestora cultural e educativa, desenvolveu cargos de responsabilidade na CNTC, Directora do CDT do INAEM, así como Coordenadora Xeral da Comisión do Centenario de 1898.
Dende hai máis de 25 anos exerce como crítica literaria (ABC Cultural, El Cultural de El Mundo, Babelia de El País, etc...).
Durante máis de quince anos ten traballado na cooperación educativa e cultural con Iberoamérica, primeiramente como directora académica do Programa de Becas Endesa de Patrimonio Cultural co MEC, e durante once anos na Fundación Carolina do MAEC. Tras o seu paso pola Escola de Organización Industrial, na actualidade é a Directora de Cultura do Instituto Cervantes.
Ten no seu haber numerosos artigos e ensaios sobre literatura española, especialmente sobre teatro clásico e contemporáneo. No eido da tradución, fixo versións en castelán de poetas como Montale, Cummings, Swzymborska, Mario Quintana, etc...
Como poeta, publicou:
- La lealtad del espejo (premio Barcarola de poesía, Albacete, 1993, con prólogo de Francisco Umbral).
- La vigilia del tiempo (Accésit do premio Adonais, Madrid, Rialp, 1996) libro que recibiu unha axuda á creación literaria do Ministerio de Cultura, 1994).
- La epopeya del laberinto (Palma de Mallorca, Calima, 2001).
- La piel de las palabras (Palma de Mallorca, Calima, 2005. Prólogo de Pepe Caballero Bonald).
- Los volcanes sin sueño (con poema preliminar de Rafael Cadenas; Madrid, Polibea, colección Los Conjurados, 2011).
- A peregrina do vento (Toledo, Lastura, 2013). (Antoloxía da súa poesía en galego).
Figura en multitude de revistas literarias e en antoloxías de referencia, formou parte do xurado de múltiples premios literarios, tan relevantes como o Cervantes.