Enrique Lorenzo Docampo


Categoría: Empresario
Data de Nacemento: 16 de novembro de 1892
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Estudiou en distintos colexios da cidade olívica e ós 16 anos empezou a traballar en "Babé y Cia." En 1911, emigrou a Bos Aires, onde desempeñou diversos postos de traballo. Regresou en 1915 para cumpri-lo servicio militar. En 1916, empezou a traballar no estaleiro "El Dique", onde coñeceu a un francés co que fundou a súa propia empresa "Factorías Vulcano-Enrique Lorenzo y Compañía". Participou activamente noutras empresas como promotor, tales como ?Aceros de Galicia?, ?Conservas La Guía S.A.? y ?Serrerías Vulcano?-

 Outros datos de interese

Foi presidente do Centro de Fillos de Vigo; do Aero Club de Vigo; vocal da sociedade "Amigos de la ópera"; vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación; conselleiro do comité executivo da Zona Franca, vocal da xunta de Obras do Porto, conselleiro do Banco de Vigo e censor de contas da compañía de Tranvías Eléctricos de Vigo. Foi fundador e presidente de Sumnsa (Suministros Metalúrxicos Navais, SA).