Estudia Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Lugo, concluíndo os mesmos no ano 1975, recibindo a diplomatura oficial eclesiástica en Sagrada Teoloxía. No Seminario forma parte da Schola Cantorum como gaiteiro e clarinete solista. No ano 1975 trasládase a Barcelona, licenciándose en filoloxía angloxermánica, así como en traducción e interpretación pola Universidade Autónoma de Barcelona. Posteriormente pasa a Ourense onde funda a Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense (15 mil alumnos na actualidade) e a Real Banda. Ten no seu haber destacadas condecoracións e medallas tales como a medalla de ouro do Vaticano, medalla de prata do Goberno de Galicia, a chave de ouro da cidade de Newark, NJ e un longo etc...
Creación da Escola de Gaitas Toxos e Xestas de Barcelona.
Creación da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense.
Creación da Liga Galega de Bandas de Gaitas.
PUBLICACIÓNS:
Anuarios da gaita (actualmente 24 volumes).
Os Segredos da Gaita (actualmente na 6ª edición), e traducido a inglés e xaponés.
Música do Caurel (3 tomos).
Cantares da Terra das Frieiras (volumen I).
Cantares da Tía Antonia de Atás.
Cantares da Cega do Covelo.
Libro-son dos concertos da Real Banda a Juan Pablo II.
Cancioneiro das Terras do Riós.
Ademáis, ten vintecatro discos coa Real Banda de Gaitas de Ourense (CD/DVD) e compuxo 150 obras de música de Galicia.
The Celtic Legacy of the Gaita in Galician Music.
Ó fronte da Real Banda entre outros acadou o título de Real, ademais gañaron os mundiais en Glasgow en 1990 e 1993 e o trofeo da cidade de Nova York como a mellor banda do desfile de San Patricio no ano 2000.