Esta educadora vocacional e de profesión é lucense de adopción, chegando dende a veciña Asturias, para rematar Bacharelato e facer os estudos de Maxisterio.
Dende moi nova centrou en Lugo a súa vida persoal e profesional, gardando ambas terras na máis alta estima. Proba diso é que os seus primeiros óleos buscan capturar a riqueza natural das pretas terras de Pelayo e das costas que defendeu Breogán.
O seu carácter emotivo e alegre, o amor á súa familia, os seus miles de alumnos e amigos son só algunhas das luces que iluminan a súa arte, compartindo cos grandes aos que admira (Sorolla, Van Gogh, Matisse…) a característica de poñer a súa capacidade e ilusión por crear en todo o que fai.
FORMACIÓN
-Curso de Expresión Plástica-Pintura (diversas técnicas) na Escola de Maxisterio.
-Curso “A cor” na Escola de Maxisterio.
-Curso formación permanente. Expresión Plástica; profesor D. José González.
-Curso “Pola plástica á expresión corporal”.
-Curso práctico debuxo e pintura (Larousse).
-Curso “Educación para unha lectura da imaxe”.
-Curso de técnicas de expresión gráfica I e II: “Deseño asistido por ordenador”.
-Curso “O deseño gráfico na E.S.O.”.
-Curso “Estudo das imaxes publicitarias. Sensacións-formas-cor. Plástica e visual”.
-Curso “A linguaxe da imaxe. Animación a lectura pola imaxe” para os cursos de primaria e primeiro ciclo da E.S.O.
-Curso de debuxo (técnicas: o carbón e a sanguina).
-Varios seminarios a nivel intercolexial.
-Estudios de Debuxo e Pintura na Escola do Círculo das Artes de Lugo co pintor e profesor Xesús Blas Lourés.
Exposicións colectivas no Círculo das Artes de Lugo (años 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008).