José Lamela Bautista


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 1 de novembro 1947
Lugar de Nacemento: Riocaldo (Ourense)
 Currículum

En 1973 emigrou a Barcelona, onde iniciou a súa vida profesional no sector de hidrocarburos aproveitando os estudos de Enxeñería Técnica Industrial e a formación específica complementaria en conducións de gas adquirida en Barcelona.
Traballou na Empresa OHL como Director de Obra, con unha significativa participación na construción da rede nacional de gasodutos e oleodutos, entre os que destaca con relación a Galicia, a dirección da construción do primeiro oleoduto entre A Coruña e Vigo.
Actualmente atópase en excedencia forzosa por cargo público na súa condición de Alcalde de Lobios.

 Obras realizadas

Publicou o ensaio histórico "El Xurés y sus misterios", e tamén publicou numerosos traballos de investigación histórica sobre o Xurés galego e o Gerês portugués, en diversas revistas galegas, das que destacamos Auria, Arraianos, Nos, Xurdimento e Lúa Nova na que forma parte do consello de redacción. Con máis dun millar de artigos de opinión publicados en diversos xornais, é colaborador permanente de La Región e Geresâo (Portugal).

 Outros datos de interese

Dende 2004 é membro do Xurado dos premios literarios Rosalía de Castro de poesía e Rosa Reboredo de narrativa, que convoca a entidade cultural Rosalía de Castro de Cornellá en Barcelona.
Dirixe e presenta dende o ano 2000 o programa radiofónico cultural "Sempre en Galicia" de Radio Cornellá, contando cada sábado de 18 a 20 horas coa colaboración de máis dun centenar de personaxes relevantes do universo cultural galego.
É presidente/fundador da asociación protectora de medio ambiente Amigos de Riocaldo, e da Plataforma pola defensa de Riocaldo.
No mes de xuño de 2007 incorporouse ás filas do PSdeG-PSOE sendo elixido Alcalde do Concello de Lobios (Ourense).