Estudiou Filosofía e Letras na Universidade de Deusto (Bilbao) entre 1977 e 1982 e doutorouse o 18 de abril de 1997 pola Universidade de Santiago presentando a tese Cerámica común romana de cocina y mesa de Lucus Augusti.
En 1975, participou na súa primeira escavación no Complexo Arqueolóxico da cidade grecorromana de Ampurias (Gerona). Aproveitando os veráns durante a súa carreira, participou tamén nos seguintes xacementos: "Poblado de la Hoya" (Laguardia, Álava - Edad del Hierro), "Forua" (Guernica- Vizcaya - Romano) e "Campamento Militar Romano de Aquis Querquennis" (Ourense). A partir de 1984, concentra a súa actividade en Galicia e, especialmente a partir de 1986, na cidade de Lugo, a antiga Lucus Augusti, onde como colaborador ou director ten participado na maior parte das intervencións realizadas na cidade. Froito destes traballos é unha producción investigadora que se concentra de maneira referente no estudio da cerámica común romana de Lugo que, finalmente, cristalizan na tese de doutoramento Cerámica común romana de cocina y mesa de Lucus Augusti, publicada pola Fundación "Pedro Barrié de la Maza" no ano 2001. Os seus últimos pasos encamíñanse ó estudio da muralla romana de Lugo, declarada Patrimonio da Humanidade. Ten participado tamén na montaxe de varias exposicións sobre Arqueoloxía (1987, 1993, 1996 e 2001), foi profesor do módulo de Arqueoloxía na Escola Taller de Lugo (1989-92) e participou en cursos de doutoramento (1999 e 2000).
É membro do "Grupo Larouco" e do consello de redacción da revista do mesmo nome, secretario do Padroado do Museo Monográfico de Aquis Querquennis, socio da empresa Groma, S.C. Traballos arqueolóxicos, cofundador e socio da empresa Moenia. Arqueoloxía y Patrimonio e xerente da empresa Moenia Arqueoloxía, S.L.