Alfredo Suárez Canal


Categoría: Profesor e político
Data de Nacemento: 5 de xullo de 1951
Lugar de Nacemento: Allariz
 Currículum

É licenciado en Matemáticas e catedrático de ensino secundario. Formou parte da organización estudiantil ERGA e participou na creación da Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG) como membro da dirección do sindicato de traballadores do ensino UTEG.

Militou na AN-PG e, desde 1972, milita na UPG. Participou na fundación do BNG en 1982. Foi concelleiro en Allariz durante o período 1979-1983, así como deputado provincial en Ourense. Desde 1993 a 2005 foi deputado no Parlamento de Galicia, onde exerceu como viceportavoz do BNG. Foi conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia (2005-2009).