Eloi Caldeiro Díaz


Categoría: Músico e poeta
Lugar de Nacemento: Sarria (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

No seu pobo natal cursou estudios de Bacharelato, que compaxinou cos de música, actividade que desenvolve desde moi novo (ós catorce años subiu ós escenarios co seu primeiro grupo). Posteriormente, estudiou na Escola Universitaria de Profesores de EXB en Lugo, continuando con Filosofía. Tamén desde moi novo comezou a escribi-los seus primeiros versos, que publicou en 1972. Eloi Caldeiro foi pioneiro na fusión da música galega con outros ritmos e estilos, xa no ano 1976 fundara o primeiro grupo de rock galego, onde ademais de cantar en galego mesturábase por primeira vez a gaita coa batería e coas guitarras eléctricas. En 1980 fundou con outros músicos o grupo Brath cunha filosofía semellante ó anterior, pero abandonando os textos nos temas. Inicialmente foi o batería e percusionista do grupo, pero a partir de 1999, ademais da batería, pon voz e percusións, pois nos dous últimos discos, Brath abandona a liña instrumental para incluír letras nos seus temas. Durante os anos 1985 e 1986, Eloi Caldeiro dirixiu e presentou un programa na cadea de radio Ondas Galicia R. Minuto. En 1985, conseguiu con este programa o Primeiro Premio Galicia de Periodismo ó mellor programa musical. Así mesmo foi premiado en literatura con diversos galardóns e colabora en diferentes medios de comunicación. En 1988 funda a compañía discográfica SONS GALIZA.

 Obras realizadas

Publicou os seguintes libros de poesía: Anacos de silencio, O sul da auga, A lentura da auga, Muller de auga e Servicios informativos. Ademais escribiu O río de decembro (inédito) e Sarria inmorrente (próxima aparición). Eloi Caldeiro editou ademais os seguintes discos: Kalaikia, Viaxe alén Fisterra, Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (varios artistas), Lembranza da auga, Néboa infinda, Cinco, Rodeira e XX Secúlos de Noivado (Banda sonora dunha serie de trece capítulos para TV).

 Outros datos de interese

Actualmente compaxina a actividade musical e literaria coa dirección da Compañía de Comunicaciones SONS GALIZA, dedicada á gravación e edición discográfica. Esta compañía é unha das pioneiras da promoción da música galega e celta e editou á maioría dos artistas galegos que triúnfan na actualidade.
www.sonsgaliza.com
www.brath.es
www.nazon.info