Celia Díaz Núñez


Categoría: Escritora e mestra
Data de Nacemento: 3 de xaneiro de 1961
Lugar de Nacemento: O Páramo (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago e diplomada en Maxisterio pola Escola de Maxisterio de Lugo, reside en Ourense onde exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura en Ensino Secundario. Foi tamén profesora asociada da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense como profesora de Didáctica de Lingua e Literatura Galega.

 Obras realizadas

Ten publicadas as seguintes obras:

a) Creación literaria

-Adeliña. I Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez. Deputación de Ourense. 2004. ISBN: 84-96011-62-3.

-Cataventos e cía., ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta. II Premio Barriga Verde de Teatro de monicreques para nenos (IGAEM. 2004) Baía Edicións, 2008 ISBN: 978-84-96893-36-8.

-Rugando (en preparación).

b) Creación de pasatempos: Restra de letras, Edicións Xerais. 2002. ISBN: 84-8302-864-6.

c) Ensaio literario:

-Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores, editado polo Concello de Quiroga e a Deputación de Lugo. 1995, ISBN: 84-606-2297-5.

-“O símbolo da fouce na poesía galega”, Trebo, ano 11, nº 10, decembro 1992, Ourense.

-“Ourense na prosa galega de Heraclio Pérez Placer”, Trebo, ano 14, Num. 11. Decembro 1995. Ourense.

d) Materiais didácticos: É autora de materiais didácticos de lingua galega para ESO publicados pola editorial Anaya, coautora de Lingua galega e literatura 3º ESO, Lingua galega e literatura 4º ESO e autora de Cadernos de lingua (Ortografía, Morfoloxía, Léxico, Expresión Escrita)

 Outros datos de interese

Obtivo os seguintes premios literarios:

-I Premio Pura e Dora Vázquez (2003), con Adeliña.

-II Premio Barriga Verde de Teatro de monicreques para nenos (IGAEM. 2004) con Cataventos e cía., ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta.

-Premio Breogán de contos do Centro Galego de Baracaldo, (2007), con Un tango na noite.

-IX Premio Pura e Dora Vázquez de narración (2011), con Rugando (próxima publicación).