Emilio Pérez Touriño


Categoría: Político
Data de Nacemento: 8 de agosto de 1948
Lugar de Nacemento: A Coruña

Opinión
 Currículum

É doutor en Ciencias Económicas e profesor numerario na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi vicerrector para Asuntos Económicos. Ten realizado estudios de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble (Francia). Comprometido dende a súa mocidade cos movementos democráticos de loita coas liberdades, dirixente estudiantil e activo militante progresista durante a transición democrática, participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos pactos do Hostal que o posibilitaron. Posteriormente, na súa traxectoria política cómpre sinalar a súa participación nos gobernos socialistas desde 1985 a 1994. Foi subsecretario do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións, pasando despois á Secretaría Xeral de Infraestructuras no Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente. Nesta época asumiu a responsabilidade das grandes obras de infraestructuras viarias e ferroviarias da modernización de España. En 1997 renunciou ao seu escano no Congreso dos Deputados para participar no proceso electoral autonómico dese mesmo ano como integrante na candidatura do PSdeG. Sae elixido deputado e convértese no portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. En outubro de 1998 é proclamado Secretario Xeral do PSdeG-PSOE por unha ampla maioría, sendo reelixido en 2000, 2004 e 2008. Foi presidente da Xunta de Galicia (2005-2009).

 Outros datos de interese

É autor de numerosos estudios sobre temas de desenvolvemento rexional e economía agraria no marco da Unión Europea. Está casado e ten dous fillos. Pérez Touriño recibiu o Premio Nacional de Publicacións Agrarias e dirixiu traballos e publicacións en relación coas infraestructuras e o crecemento económico de Galicia.