Manuel Rico Verea


Lugar de Nacemento: Boimorto (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estuda o bacharelato e o trienio de filosofía nos franciscanos da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela.

Estuda maxisterio na Escola Pablo Montesinos de Madrid e acede directamente á función docente co número dous desta escola.

Desenvolve a súa actividade docente en Madrid, no país Vasco e, de volta a Galicia no ano 1978, implícase directamente no proceso de normalización da lingua galega na súa actividade pedagóxica e no seu destino na administración educativa, na inspección educativa, na subdrección xeral de política lingüística 1983-85 e, desde o ano 1988 ata a conclusión da actividade laboral no 2011, como xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Consellería de Educación e O.U, na Coruña.

Este compromiso co proceso de normalización lévao a desenvolver unha actividade de creación, investigación e publicación de obras sobre a música tradicional e a súa aplicación pedagóxica e outras obras de lingua, de literatura e da actividade normalizadora.

O seu labor máis destacado circunscríbese aos traballos de investigación sobre o cancioneiro galego de tradición oral, á realización de documentos sonoros para diferentes editoriais e á creación de cancións infantís galegas.

É autor de publicacións didácticas, tradutor de varias obras e coordinador de coleccións literarias como “Contos da media lúa” de Algaida, e o “Trasniño verde” da editorial Anaya.

Tamén coordinou e foi coautor de obras de linguaxe administrativa, coordinou suplementos culturais na prensa, programou e realizou de programas radiofónicos en RNE en Galicia, publicou obras de carácter pedagóxico, nas que inclúe a súa creación de poesía e musica galega, participou en congresos de música tradicional, en cursos de formación do profesorado etcétera.

Formou parte do grupo musical A Quenlla e actualmente dirixe un taller experimental de música tradicional con Nani García.

 Obras realizadas

 

Creación poético musical infantil:

Estudos, publicacións e produción de documentos sonoros.

Estudos etnográficos sobre o cancioneiro tradicional.

 

Lingua galega e literatura:

Publicacións de carácter pedagóxico.

Linguaxes específicas.

 

Premios:

Premio do Ministerio de Cultura á mellor labor continuada no ano 1985 e Premio do Ministerio de Cultura ó mellor programa radiofónico no ano 1987 nos certames de prensa, radio e televisión sobre arte e tradicións populares.

Premio Xunta de Galicia de xornalismo polo mellor programa musical do ano 1998 que se emitiu durante os anos 1987-88 en Radio nacional de España en Galicia e que produciu e dirixiu coa coñecida sintonía de “Vente vindo, ven cantando”.

Entre as publicacións didácticas e os documentos sonoros de cancións para a escola destacan: O puff (1980), “Cantares” e “A pulguiña e o pulgón” (1983). Cancións, contos e adiviñas. (1989). Arrolín, arrolan ( ano 1994) “Vente vindo, ven cantando” (ano 1996 e no ano 2000 o documento sonoro

“Cantos de berce tradicionais”.

Tamén publica o Cancioneiro popular das terras do Tamarela, traballo de investigación etnomusicográfica,

Imos canta-los nadais e Tantarantán, tarantán tarantiña, escolma de rimas, e outras lerias para recitar, saltar, contar e contar.

1.- Publicación de documentos sonoros:

* O puff. Editorial Casals. Barcelona. 1981. Cancións infantís

* A pulguiña e o pulgón. Cítola. 1983. Cancións infantís.

* Cancións, contos e adiviñas. Consellería de Educación e O.U. Cancións infantís 1989. Libro e casete

* Arrolín, arrolán. Libro, e documento sonoro. Coedición Consellería de Educación e edicións Fontel. 1994.

* Cancioneiro popular das terras do Tamarela. Traballo de investigación etnomusicográfica publicado pola editorial Galaxia.

*Imos canta-los nadais. Publicado por Galaxia.

* Tantarantán, tarantán tarantiña. Escolma de rimas, e outras lerias para recitar, saltar, contar e contar.

* Vente vindo, ven cantando. Cancioneiro escolar galego publicado por Galinova. Libro e documento sonoro

* Cantos de berce tradicionais. Documento sonoro publicado por Galinova.

* Varias publicacións en prensa e revista especializadas.

* Colaboracións en diversos proxectos didácticos para a Editorial Casals, Galinova e Anaya.

* Eu non canto por cantar. Coautor con Antón Santamarina. Cancioneiro popular de Galicia

O traballo máis intenso no ámbito musical encadrase no estudio e investigación da etnomusicoloxía tradicional galega. Sobre esta materia impartiu conferencias, participou en congresos de música tradicional, escribiu na prensa e realizou programas de radio en RNE acadando diferentes premios do Ministerio de Cultura e da Xunta de Galicia.

Formou parte do grupo musical A Quenlla e actualmente dirixe un taller experimental de música tradicional.

 

2. A súa relación cos medios de comunicación:

2.1. Primeiro premio no Certame Nacional de Prensa á "mellor labor continuada na prensa", polos artigos publicados na folla cultural "Cataventos" -sección "Con punteiro e pandeiro"-, sobre o cancioneiro tradicional galego outorgado polo Ministerio de Cultura no ano 1985.

2.2. Mención honorífica no Certame nacional de prensa, radio e televisión sobre artes e tradicións populares en 1986 polo seu traballo verbo de tradicións populares outorgada polo Ministerio de Cultura (1986).

2.4. Mención honorífica polo mellor programa na modalidade de Radio sobre artes e tradicións populares no ano 1987 outorgada polo Ministerio de Cultura co traballo sobre "OS MAIOS".

2.6. Premio Xunta de Galicia de xornalismo polo mellor programa musical do ano 1988 "Vente vindo, ven cantando" emitido en Radio Nacional de España en Galicia.

 

 

Documentos sonoros publicados:

'A pulguiña e o pulgón'. Manuel Rico (Citola, A Coruña 1981).

'Cantares'. Manuel Rico Editorial Casals, 1981.

'Arrolín Arrolán'. Manuel Rico e Uxia López (Fontel, SA Coruña 1994) MC; (Sons Galiza, Lugo 1994) CD; (Fontel, A Coruña 1996) MC /CD.

'Vente vindo ven cantando'. Manuel Rico e Uxia López. Fontel, A Coruña 1996.

'Cantos de Berce'. Proxecto do Taller experimental de música tradicional. Galinova, A Coruña 2001.

'A abella trebella'. Proxecto de educación infantil. Editorial Casals, Barcelona 2005.

'Proxecto sete cores'. Música para educación infantil. Editorial Anaya.

'Educación primaria'. En liña. Cursos de 1º a 6º v.galega - Editorial Anaya, Madrid, 2006.

'Panchiño o canciño'. Música para libro didáctico infantil. Editorial Casals 2008.

'A gata renata'. Música para libro didáctico infantil. Editorial Casals. 2008.

'O rato tato'. Música para libro didáctico infantil. Editorial Casals. 2008.