Diplomada en Formación Bancaria por CUNEF Madrid en 1986. Analista de aplicacions informáticas en excedencia.
Militante do nacionalismo galego dende 1976. Militante fundadora do Bloque Nacionalista Galego en 1982. Delegada sindical entre os anos 1980 e 1984. Forma parte dende a sua creación en 1990 da Comisión Nacional de Mulleres do BNG, actualmente membro da sua Permanente.
Forma parte dende a sua creación da Comisión nacional para a sociedade da información do BNG. Membro do Consello Nacional do BNG dende o 2003.
Diputada autonómica en 2005 por A Coruña renuncia ao escano para asumir a responsabilidade de Directora Xeral do Servizo Galego de Igualdade da Vicepresicencia da Xunta de Galiza.
Co-redactora da área de muller do Foro do Novo Estatuto. Co-autora do libro 'O Tratado da Constitución Europea: Visións desde Galiza' 2005 de Baia Edicións. Autora de diversos artigos e ponencias de temática feminista. Membro da Comisión técnica de AENOR para a elaboración da norma UNE española de igualdade nas
empresas.
Membro até 2005 do Consello de Redacción da Revista de pensamento feminista Andaina.
Membro promotora do grupo de opinión 'Otras voces feministas'.