Beatriz Mato Otero


Categoría: Política
Data de Nacemento: En 1965
 Currículum

É enxeñeira industrial con especialidade en Organización Empresarial pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao. Ten o máster de Dirección e Administración de Empresas MBA pola Escola de negocios MBA homologado pola Universidade da Coruña.

1989: Técnica de sistemas na multinacional IBM.

1990: Técnica comercial da multinacional RANK XEROX ESPAÑA S.A.

1993: Técnica do departamento de calidade na empresa de enxeñería NORCONTROL S.A.

1994: Forma parte do IGAPE, Instituto Galego de Promoción Económica.

1997: Pon en marcha a Unidade de Información Empresarial, adscrita á Dirección Xeral Adxunta do IGAPE.

2000: Delegada da oficina territorial do IGAPE na Coruña.

2002: Delegada provincial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na Coruña.

2005: Deputada no Parlamento de Galicia. Na VII lexislatura foi a portavoz de Traballo.

Desde marzo de 2009 é a conselleira de Traballo e Benestar.