Diplomado en Maxisterio. Universidade de Santiago de Compostela.
En 1980 afíliase ó Partido antes denominado de Alianza Popular, colaborando estreitamente co partido.
Durante as lexislaturas dos anos 1987, 1991 e 1995 ocupa o cargo de Tenente de Alcalde no Concello da Laracha por Alianza Popular e posteriormente Partido Popular.
Nas eleccións locais de 1999 ocupa o número un nas listas do Partido Popular, gañando as mesmas por maioría absoluta e por tanto ocupando o cargo de Alcalde polo Concello da Laracha.
Volveu gañar as eleccións municipais do ano 2003 e as do ano 2007 por maioría absoluta, alternando o cargo de Alcalde co de Deputado Provincial durante estas dúas últimas lexislaturas.