Emilio González López


Categoría: Político e profesor
Data de Nacemento: 13 de novembro de 1903 (†1991)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Ós 23 anos licenciouse en Dereito en Madrid (premio extraordinario). Viaxa a Munich (con bolsa da universidade) e en 1929 é nomeado profesor adxunto de Dereito Penal da Cátedra da Universidade Central. En 1931 obtén por oposición a cátedra de Dereito Penal da Laguna (Tenerife). Foi elixido deputado nas eleccións de 1931 e nas de 1936, trasladándose por encargo de Castelao a Madrid para busca-lo texto orixinal do Estatuto que querían presentar na seguinte sesión. En 1939 sae exiliado cara a Nova Iorque e ó ano seguinte incorpórase ó Hunter College. No período 1946-1971 traballou na Escola Española de Middlesburg College, que dirixiu desde 1963 ata 1971. Desde 1963 tamén dirixiu o programa de doutoramento en español do Centro Graduado da Universidade de Nova Iorque.

 Obras realizadas

Entre as obras que escribiu destacan: Historia de Galicia (12 tomos), Historia de la civilización española, Historia del puerto de A Coruña, El arte dramático de Valle Inclán, Historia de la literatura española, Historia de la ciudad de A Coruña: Edad Antigua y Media; Ramón de la Sagra, Síntesis de la historia de Galicia,...

 Outros datos de interese

Foi investido doutor honoris causa pola Universidade da Coruña e cronista do Reino de Galicia.