Diplomado en EXB e licenciado en Ciencias da Educación. Exerceu de mestre en varias localidades do Occidente de Asturias, maiormente na Veiga, e na última época en escolas de localidades preto de Lugo: Corgo, Friol, Nadela. Actualmente está xubilado.
Participou en varios proxectos colectivos: Mesturas, Roteiros das artes, Roteiro das artes internacional, revista Xistral, Libro homenaxe a Manuel María, Portugalicidades.
En 2017 publica o seu primeiro poemario 'O silencio do orballo', que se atopa esgotado na actualidade.
En 2018 publica o seu segundo libro de poemas 'A Chamada de Brigid'. Poemas inspirados nunha viaxe realizada no verán do 2016 por terras irlandesas.