Iniciou estudos de Humanidades no Seminario de Belvís (Santiago de Compostela), continuou estudos técnicos ó tempo que se dedicou á ensinanza e máis tarde realizou estudos de Dereito.
Durante a década dos 70, emigrou a varios países de Europa, ocupando diversos cargos de responsabilidade, así como levando a cabo actividades sociais relativas ó colectivo de emigrantes.
En 1972 crea e preside o primeiro Centro Galego na cidade de Nuremberg (República Federal Alemá).
Na década dos 80, retorna a Galicia e funda con oito profesionais, tamén provenientes da emigración, unha Cooperativa Socio-Laboral “La Constructora S.C.L”, dedicada á contratación de obras e servizos, da que en condición de socio maioritario exerce a función de Director Xerente.
En 1987 entra no mundo da hostalaría, cun local na Praza de María Pita na Coruña, á que se foron sumando cinco locais máis.
En 1996 é proposto e elixido Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría, na que logrou grandes éxitos de xestión, entre os que destacamos a adquisición e construción da Escola de Hostalaría (Centro de Estudos Hosteleiros) da Coruña.
En 1999 participa na fundación de CAYPE (Confederación de Autónomos e Profesionais de España), xunto co presidente e demais representantes de FEAGA (Federación de Autónomos de Galicia), sendo nomeado primeiro presidente, cargo que ostenta hoxe ó ter sido confirmado pola Asemblea Xeral e por aclamación nas posteriores eleccións xerais. Conseguiu, entre outros avances, a ubicación da sede nacional en Galicia, concretamente na Coruña e desenvolveu un intenso labor durante a elaboración da Lei do Estatuto do Traballo Autónomo.
É pai de tres fillos.