Eduardo Ramil Rego


Categoría: Prehistoriador e museólogo
Data de Nacemento: 13 de xullo de 1965
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Xeografía e Historia e Diploma de Estudios Avanzados en Arqueoloxía e Historia da Antigüidade pola Universidade de Santiago. Ten estudio profesional dende o que realiza diferentes actividades no eido do Patrimonio Cultural, dirixindo un cento de intervencións en ámbitos como o control arqueolóxico de obras civís e edificacións, catalogación de xacementos, estudos históricos, avaliación de obras e posta en valor de elementos patrimoniais. Dende 2006 é Director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. É autor ou coautor de vinte libros sobre prehistoria, arqueoloxía e museoloxía, así como de doutros tantos artigos en revistas especializadas, tamén foi editor científico de varias monografías. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais presentado unha trintena de comunicacións neles e impartiu diferentes cursos sobre tecnoloxía prehistórica en universidades e centros de investigación. É secretario do Consello de Redacción de Férvedes e Secretario Xeral do Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba, ademais de membro de diferentes institucións relativas á prehistoria e á museoloxía. Foi comisario ou responsable da montaxe dunha ducia de exposicións, unhas permanentes e outras temporais, algunhas delas itinerantes. Na actualidade está a rematar a súa Tese de Doutoramento (“O Paleolítico superior no Noroeste da Península Ibérica”) baixo a dirección do Prof. F. Bernaldo de Quirós Guidotti.