Titulacións: Profesora de E.X.B. Especialidade Ciencias Humanas, Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo. Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Diploma de Estudios Avanzados na Facultade de Historia da Universidade de Santiago. Actividade profesional:Gabinete Pedagóxico (1986-1991). Profesora da Escola de orientación Familiar na Área de Comunicación Familiar durante o ano 1987. Pedagoga do Colexio "Compañía de María" - Montaxe Aula de apoio, durante os anos 88/89-89/90. Directora do Gabinete Psicopedagóxico do colexio "San José" ano 88/89. Orientadora no Colexio "La Asunción" (Sarria) durante os cursos 88/89-89/90. Desde 1990, é Xefa do Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo Provincial.
PUBLICACIÓNS: -Niños, Deputación Provincial de Lugo. -Sargadelos: un viejo cuento y una gran realidad, Edicións do Castro. -Los niños y los animales. El Mundo del Perro. Diversos ensaios, artigos periodísticos e comunicacións en Congresos. ACTIVIDADE INVESTIGADORA:Membro do equipo de investigación Estudio de Público y Exposiciones, dirixido polo Dr. Asensio da Universidade Autónoma de Madrid. Como investigadora do devandito equipo:-Participou en calidade de relatora, no Seminario sobre Estudios de Público en Museos, celebrado no Museo Nacional de Escultura de Valladolid, en xaneiro de 1996. -Levou a cabo unha comunicación con Mikel Asensio sobre a Avaliación da Sala de Sargadelos ou Estudio de recorridos do Museo Provincial de Lugo. Museo de Belas Artes de Bilbao. XI Xornadas DEAC-MUSEOS, outubro de 1996. -Organización e participación, no "Seminario Internacional Estudio de Público en Museos y Exposiciones", celebrado no Museo Nacional de Arte Romano en decembro de 1996. -Participación no Seminario "Estudios de Público", Universidade Autónoma de Madrid, Febreiro de 1996.-Foi coordinadora do Seminario sobre "Estudios de Público" celebrado en Sargadelos (Lugo), en novembro de 1997.