Comezou o seu labor docente en San Cugat del Vallés (Barcelona) de onde voltou para traballar en varias comarcas galegas, apousándose na súa Mariña Lucense. Para completar o seu traballo pedagóxico realizou varias experiencias teatrais no Auditorio de Sargadelos escribindo e representando dez pezas de teatro infantil. Fundador e director dos seguintes grupos de teatro para adultos:
“O Bordelo” de Cervo (1998), “A Adala” de Fazouro (1999), Agrupación teatral “Francisco Piñeiro” (2000), O Batán de Cangas” (2009) cos que suma máis de seiscentas representacións polos escenarios de Galicia e Asturias, sempre con pezas da súa autoría, todas elas escritas en galego. Da súa autoría tamén son tódalas pezas do grupo Ardora, de San Ciprián.
Entre as súas obras máis representadas destacan: “Andar á comenencia”, “Na encrucillada”, “Cambadelas”, “Relax-Total” “Trébedes sen lume”, “Plática Sisual”, “Katharsis”, “Anisocoria ,“O Mariñán”, “R.I.P. Marandaina”, “O Espello do Prestamista”, “No San Campio”, “Ferro e Fariña”, “Borrando sombras”, ” A derradeira batalla do Marqués de Sargadelos” publicada en Edicións do Castro, “A caída do imperio”, “Escoitando cores”, “Fobias con amor” “Mazás de Cuco”, “A criada xorda”, ”Dende O Porto a San Ciprián", “Estigmas”... Creador de guións para títeres, teatro de rúa, teatro radiofónico, dramatizacións de lendas medievais histórico-populares coma “A cova da Serpe” e “Catalina de Santisso”.
A Televisión de Galicia gravou para os programas “De Galicia para el mundo” e “Galicia enteira” sínteses dos seus traballos escénicos de masas “A emigración”, na queimada popular de Cervo; “A rebelión irmandiña”, nos arredores do Castelo de Moeche, e “O Milagre do San Campio”, en Fazouro.
Algúns dos premios acadados son:
*No eido do xornalismo:
-1º Premio no “I Certame de Xornalismo Lorenzo Varela” polo artigo "Lorenzo Varela, Quixote con alma galega".
-1º Premio no “XXIX Certame Nacional de Xornalismo Belén de Begonte" polo artigo "A nosa semente".
-1º Premio no “XXX Certame Nacional de Xornalismo Belén de Begonte" polo artigo "A luz da igualdade".
*No eido teatral:
-1º premio “Laxeteatro” polo “San Campio”.
-2º Premio “Daniel Cortezón” pola “Derradeira Batalla do Marqués de Sargadelos”.
-3º Premio “Laxeteatro” por “Cambadelas”.
-3º Premio “Daniel Cortezón” por “Katharsis”.
-4º Premio “Daniel Cortezón” pola peza “Trébedes sen lume”.
-Premio especial do público e premio ó mellor actor na IV Mostra de teatro de Sada coa obra “O Mariñán”.
-Premio ó mellor espectáculo, entre os vintesete presentados, nos IX Domingos a Escena de Caranza, Ferrol coa obra “R.I. P. Marandaina”.
*No eido da narrativa:
-1º Premio no “IX Certame Manuel Orestes Rodríguez López” polo traballo: "Da auga e da terra de Paradela".
-1º Premio no “X Certame Manuel Orestes Rodríguez López” por “Tempos de morno asubío”.
-1º Premio na “XV Certame Literario “A Pipa” de Becerreá, por "O mudo de Becerreá".
-Mención especial no “II Certame Rosa Reboredo” de Cornellá, Barcelona por “Cando o mudo falou”.
-Accésit no “XI Certame Manuel Orestes Rodríguez López" con "Os pétalos de Adila".
-Accésit no “XII Certame Manuel Orestes Rodríguez López" por "Xálima Loio: Deus o vol2.
-1º Premio no XV Certame Literario “A Pipa” pola obra “Cando o mudo falou”.
*En poesía:
-Accésit no “VIII Certame Manuel Orestes Rodríguez López" polo poema “Ai de min Paradela”.
Etnografía e investigación
-"Historia do teatro afeccionado na Mariña Lucense", e outros varios.
-Colaborador habitual con artigos pedagóxicos ou literarios en revistas galegas do país e da diáspora.
-Narrador, contacontos, conferenciante, articulista , poeta, e promotor cultural, sempre de xeito altruísta…
-En recoñecemento á súa laboura cultural foi nomeado en agosto do 2009 Cabaleiro do Mariscal Pardo de Cela.