Eduardo Fajardo foi no cine de posguerra o antagonista, o outro, o vilán. Rompeu a tradición dos seus familiares, que se dedicaban ó comercio, e debutou no cine en 1947. De Eduardo Fajardo, ademáis do seu agradable físico, chamaba a atención a súa timbrada voz. Non en vano, entre 1942 e 1946 gañaba a vida como actor de dobraxe en películas americanas.
Con Cifesa firmou un contrato como actor exclusivo por varios anos para os seus grandes éxitos. Eduardo Martínez Fajardo (o seu nome completo) marchou a México en 1953, onde desenvolveu un intenso labor no cine e logo no teatro e a televisión. Volveu a España en 1956 para rodar "La ciudad no es para mí". Nesa época non deixou de traballar en coproducións hispano-italianas e predominantemente no "spaghetti western". A México, o seu segundo país, volvía con frecuencia e sempre que o traballo o requiría. Fajardo levaba moitos anos sen traballar no teatro cando reapareceu en Madrid, xunto a María Dolores Pradera, en "Cándida", de Bernard Shaw.
En 1985 converteuse en protagonista da serie de Televisión Española "Tristeza de amor". Fajardo era xa un actor maduro pero sen abdicar da súa condición de galán sempiterno, e moitos telespectadores descubriron nel ao intérprete eficaz de sempre, de igual modo que tamén destacou noutra serie de televisión "Los gozos y las sombras" e na que se reencontrou de novo coa terra que o vira nacer, alcanzando unha grande audiencia entre todos os públicos. Máis tarde Fajardo substituíu ao seu amigo e compañeiro Alfredo Mayo, que morreu ao pouco tempo de iniciarse a filmación de "Tristeza de Amor".
E a Eduardo Fajardo chegoulle a idade da súa xubilación. Sempre tivo a idea de vivir en Almería cando deixase a súa carreira, tiña moitas razóns para asentarse alí e unha delas era o seu clima e o coñecemento da terra experimentado ó londo das moitas rodaxes alí realizadas. E alí vive, no Huércal de Almería, onde ten a súa casa. E é aquí onde, tratando de esquecer o mundo do que viña (o do autógrafo, a entrevista, o fotógrafo, o aplauso da xente...) coñece a Matías García Fernández, que era o presidente da FAAM (Federación Almeriense de Asociacións de Minusválidos). E así con grande alegría, Eduardo dáse conta de que aínda podía servir para algo e para alguén, e empeza a coñecer, a tratar, a conversar, a profundizar con discapacitados e comeza unha nova dedicación. Funda o "Teatro sin barreras", que o que ao principio era unha idea hoxe é unha realidade. Unhas vinte personas con diversas discapacidades conforman este grupo de afeccionados á arte da interpretación, que ano tras ano se superan á vez que desenvolven o seu amor polo teatro, capitaneados por Eduardo Fajardo, que pese á súa idade actúa nalgún dos entremeses que presentan.
Nos seus ratos libres, Eduardo tamén se dedica a escribir e acábao de facer co monólogo "La guitarra y el tiempo", co que pisou todos os teatros de Andalucía. Moi pronto iniciará o traballo dun novo monólogo e, moi probablemente, as súas memorias. Tampouco renuncia a continuar coa súa colección de pratos de todo o mundo. O aburrimento e o tempo morto non teñen sitio na vida de Eduardo Fajardo, e a os seus 85 anos di que "aínda lle quedan moitas cousas por facer".
Eduardo estivo casado en 4 ocasións. En México fíxoo en dúas, una delas coa actriz Carmelita González. Dos seus distintos matrimonios naceron os seus fillos: José Antonio, Paloma, Corazón, Lucero, Dusko, Alma e Eduardo. Ten doce netos e dous bisnetos e garda con toda a súa familia unha excelente relación.
En xullo de 2010, Eduardo Fajardo foi nomeado “Fillo Predilecto” do Concello de Meis (Pontevedra), rendéndoselle con este motivo unha homenaxe popular no seu pobo natal.