Tras licenciarse en Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid, entrou a traballar en El Ideal Galego e en Ya. Ademais, traballou na Cadena Rato, en Antena 3 e Onda Cero.
Ademais das súas colaboracións en El Progreso, Jorge Lago presentou o programa “Viva la copla” na emisora Radiolé, á que se incorporou en 1995. No ano 2003 presentou tamén o programa “Luz de luna” e gravou o disco “La copla en verso”.
Jorge Lago colaborou no programa “Cada mañana” de Localia e en ocasións participou como invitado no programa de TVE “Cine de barrio”.