En 1967 completou estudos musicais en Roma e en 1985 ingresou no corpo de profesores de música de Bacharelato. Foi profesor de Harmonía no Conservatorio de León, cidade na que reside a súa viúva Begoña Alonso, soprano da Capela Clásica.
Dirixiu a Capela Clásica de León, destacando na súa discografía: 'Madrigales y canciones', 'Salve de Laredo', 'Obras para Órgano', cuartetos, música de cámara, música e poesía para nenos coa Escolanía Pueri cantores Catedral de León.
Recibiu o Premio Nacional de Polifonía, o Internacional de Composición de órgano e internacional da Real Academia de Belas Artes, entre outros.
Barja sempre recordaba anos de adolescente en Verín e na pedanía de Abedes, onde residían familiares e quen compartiu a súa etapa en León, o seu paisano o xornalista Joaquín Nieves, que o propuxera para o galardón de "Leonés do Ano", e, na actualidade comparte colaboración na páxina 'Verín noticias' co irmán do musicólogo, Paco Barxa, residente en Vigo.
Foi nomeado fillo adoptivo de León e faleceu días despois de recibir a distinción de Leonés do Ano, galardón que non chegou a recoller.