-Catedrática de Investigación e Desenvolvemento da Área de Sanidade Animal, perfil de Parasitoloxía e Enfermidades Parasitarias da Facultade de Veterinaria de Lugo, USC. -Profesora Titular de Patoloxía Animal da USC dende 1990-2000, no Hospital Clínico Veterinario Rof -Codina, servicio de diagnóstico de Parasitoloxía (xaneiro-1997 ata abril-2000). -Profesora agregada e catedrática de Bacharelato (Ciencias Naturais) 1981-1990 (88/90 no Instituto Ánxel Fole de Lugo, onde foi secretaria). Licenciada con grado pola Facultade de Ciencias Biolóxicas de León (Univ.Oviedo) en 1977. -Bolseira do Plan de Formación do Persoal Investigador (1978-80) -Doutora en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León (1985). Licenciada con grado pola Facultade de Veterinaria da Universidade de León en 1997. Realizou a Tese de doutoramento en Veterinaria.
-Estancias Predoutorais na Unidade de Parasitoloxía Animal do Consello Superior de Investigacións Científicas de León e no Instituto de Parasitoloxía López Neyra (CSIC) de Granada.-Estancias Postdoutorais na Station de Parasitologie del Institut National de la Recherche Agonomique de Francia, Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Facultade de Medicina (Universidade de Oviedo), Instituto de Inmunodiagnóstico en Parasitoloxía do Instituto Nacional de Saúde de Porto. Departamento de Patoloxía: Sanidade Animal, Facultade de Veterinaria da Universidade de León Dipartimento Clínico Veterinario e Dipartimento de Sanitá Pubblica Veterinaria e Patología Animale na Univ. de Bolonia.-Directora de 5 teses doutorais en Veterinaria e unha en Farmacia e de 10 memorias da licenciatura (tesinas) en Veterinaria. Directora de traballos de investigación realizados na Facultade de Veterinaria da USC de científicos e tecnolóxicos estranxeiros en España e de profesores ttulares de Parasitoloxía e Enfermidades Parasitarias da Universidade Autónoma de México.-A Comisión Nacional Evaluadora da Actividade Investigadora do Ministerio de Educación e Ciencia, concedeulle, ata o momento, 3 sexenios de investigación, 18 anos ininterrompidos dende 1978 ata 1995.-Revisora de revistas internacionais e nacionais. -Evaluadora de Proxectos de Investigación da ANEP-CICYT. Coautora de 17 libros e/ou monografías, 40 artigos en revistas internacionais (indexadas), 35 en nacionais, e 15 de divulgación. 125 comunicacións a congresos internacionais e 60 a nacionais, todos eles sobre Parasitoloxía e Enfermidades parasitarias.-Investigadora Principal de 2 proxectos da XUGA. -Investigadora de 4 proxectos Nacionais (I+D), 1 FEDER e 4 da XUGA. Directora de 6 contratos de investigación con empresas de productos veterinarios (Pfizer, Merial, Pitman Moore) e institucións (Inludes da Excelentísima Deputación de Lugo, Consellería de Sanidade), realizados a través da FEUGA e/ou CITT. -Liñas de investigación: Nematodosis pulmonares e gastrointestinais de ruminantes.-Fasciolosis en animais de renda e de laboratorio. Hipodermose do gando vacún.-Estudio de antíxenos, inmunidade, e desenvolvemento de vacinas de helmintos parasitos en veterinaria.-Valoración e estudio de resistencias de antihelmínticos. Helmintosis caninas: toxocariosis e outras zoonosis. Parasitofauna de especies cinexéticas.
Desexa establecer contactos con empresas e/ou Institucións ós que lles poida útil a súa experiencia investigadora.