Foi profesora Titular de Literatura Norteamericana do Departamento de Filoloxía Inglesa da Universidade de Santiago de Compostela. A súa labor investigadora tiña como principais obxectivos a obra de William Faulkner, do que publicou un volume monográfico e diversos traballos en revistas e libros especializados e a literatura feminina. Este último interese deu lugar á aparición dun volume sobre a poetisa norteamericana Emily Dickinson e dalgúns ensaios sobre a novelista británica Virginia Wolf e a elaboración da antoloxía Mulleres do século XX: Traduccións ó galego de narracións femininas en lingua inglesa, publicada en 1999. Tamén colaborou habitualmente no diario "El Correo Gallego" onde publicou un relato de ficción narrativa.
OBRAS:Introducción a la narrativa breve de William Faulkner Universidade de Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 1999. ISBN 84-8121-746-8. Emily Dickinson: Cartas a Thomas Wentworth Higginson. Universidade de León: Secretariado de Publicacións, 1999. ISBN 84-7719-739-3. Mulleres fronte ó século XX: Traduccións ó galego de narracións femininas en lingua inglesa. Santiago: Editorial Compostela, 1999. ISBN 84-8064-083-9.