Obtivo o título de piloto de buque mercante, aínda que a súa carreira desenvolveuse entre libros, xa que foi un experto na Historia de Galicia, principalmente da Coruña.
As súas investigacións estiveron dedicadas ó Mosteiro de Caaveiro, os xastres de Betanzos, as fábricas de moeda galegas, o escudo da Coruña,... Unha das súas obras máis importantes é o Diccionario Gallego de Autoridades, do que só puido chegar á C e para o que usou a documentación que posuía a Real Academia Galega sobre cuestións lingüísticas.
Foi nomeado arquiveiro e bibliotecario da Real Academia Galega en 1907 e membro de diversas sociedades e academias históricas españolas e portuguesas (Real Academia da Historia, Asociación de Arqueólogos Portugueses...). En 1934 ocupou o cargo honorífico de cronista oficial da cidade da Coruña.