César Augusto Cisneros Luces


Categoría: Xornalista e escritor
Data de Nacemento: 22 de setembro de 1849 (†4 de xaneiro de 1879)
Lugar de Nacemento: Muros (A Coruña)
 Currículum

Con só trece anos emigrou á Habana, onde comezou traballando de dependente nun comercio. Pronto comezou a publicar noticias no Diario de la Marina da Habana, xornal no que se incorporaría á súa redacción cando xa se dedicaba por completo ó xornalismo. En 1868 regresou a Galicia enfermo e conseguiu a praza de profesor de Instrucción Xeral da Escola Naval Flotante de Ferrol. En 1873 embarcou para Montevideo, onde fundou o xornal La Carta Blanca, no que atacou ó dictador Lorenzo Latorre, o que o levou a ter que fuxir a Bos Aires en 1877. Aquí colaborou en El Correo Español e creou o primeiro xornal galego de América chamado El Gallego. Posteriormente, trasladouse de novo a Montevideo, onde colaborou en El Pampero, La Unión Gallega, Montevideo Noticioso e El Gallego de Montevideo.

 Obras realizadas

Ademais da súa actividade xornalística, César Cisneros escribiu o libro La insurrección de Ferrol, no que narra os acontecementos da sublevación republicana que tivo lugar o 11 de outubro de 1872, que o levou ó cárcere. Tamén cultivou a poesía, “Na Ausencia” é un dos seus poemas máis coñecidos.