Mª Hilda Rodríguez Rodríguez


Categoría: Atleta
Lugar de Nacemento: Caborrecelle - Portomarín (Lugo)
 Currículum

Atletismo: Lanzamentos, Bola, Peso, Club, Balón Medicinal e Kick Ball ’88-’93. Boccia ‘90-’99. Participou nos campionatos galego, rexional, sectorial, intersectorial, interautonómico, interzonal e liga, obtendo vintesete ouros, catro pratas e dous bronces (León 1990, 1992, Ourense 1990, A Coruña 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, Madrid 1999), nos campionatos de España, obtendo trece ouros, cinco pratas, cinco bronces (Pamplona 1989, 1996, 1997, Toledo 1990, Logroño 1991, Barcelona e Xixón 1992, Lecumberri e Badaxoz 1993, Madrid 1994, 1998, A Coruña 1995, Guipúscoa 1999), nos campionatos ibéricos, nos que obtivo dous ouros, catro pratas, un bronce (Ourense 1988, Portugal 1990, 1996, 1998), nos campionatos de Europa, obtendo tres ouros e dous bronces (Inglaterra 1989, Bélxica 1993, Vitoria 1997), nos campionatos do mundo, conseguindo dous ouros e unha prata (Inglaterra 1994, Nova Iorque 1998), nos campionatos da Copa do Mundo con dous ouros (Arxentina 1999) e nos Xogos Paralímpicos con dous ouros (Atlanta ’96). En total: 51 Ouros, 14 Pratas, 10 Bronces, 11 Récords Nacionais e 1 Ibérico, 13 veces Internacional con 19 medallas. INVICTA EN BOCCIA INDIVIDUAL: Xogos Paralímpicos Atlanta 1996, Campionato de Europa Vitoria ´97, Campionato do Mundo Nova Iorque’98, Copa do Mundo Mar do Prata ’99 e en numerosos Campionatos Galego, Rexional, Sectorial, Intersectorial, Interautonómicos, Interzonais Liga e Nacionais.

 Obras realizadas

Posuidora do diploma de honra na “Gala do Deporte Lucense” (1989) e do diploma á Mellor Deportista Eivada (1990), foi invitada á presentación Anagrama Barcelona ’92, coincidindo co Campionato Mundial de Atletismo e Boccia ’90. Foi portadora do Facho Olímpico Barcelona ’92 e elixida pola Organización do V Campionato de España para facer entrega dunha placa de prata a S.A.R. a Infanta Dona Cristina invitada para inaugurar o devandito campionato en 1994. Entre os seus numerosos trofeos e distincións destacan o trofeo á mellor deportista nos campionatos interautonómicos (1995), trofeo e diploma á mellor deportista discapacitada ourensá (1992 e 1996), nomeada deportista de alto nivel polo Consello Superior de Deportes (1996), trofeos polos éxitos obtidos na Paralimpiada de Atlanta 1996, outorgados pola Deputación de Ourense, o Concello de Lugo e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, trofeo outorgado polo Concello de Culleredo (A Coruña) e a Fundación ONCE pola participación na Paralimpiada de Atlanta 1996 e 1997, trofeo “first player” pola mellor traxectoria deportiva e xogo limpo (1998), placa outorgada polo Concello de Lugo polos éxitos obtidos no Campionato do Mundo de Boccia 1998, Premio Olimpia dentro dos Premios Nacionais 1997 á Selección Española de Boccia outorgados polo Consello Superior de Deportes, premio “Entre Mulleres”, outorgado polo Concello de Lugo (2004) e nomeada “Milagrosista do Ano” (2002). Ademais, foi invitada por ASPNAIS para acompañar á portadora do facho “Special Olimpics”, invitada pola Fundación Andalucía Olímpica a participar na “I Conferencia internacional sobre o deporte adaptado” con motivo do Ano Europeo da Discapacidade (2003) e invitada polo Diario de Pontevedra, pola Asociación de Deportistas Olímpicos (ADO) e pola Deputación de Pontevedra á inauguración da III edición de Expodeporte 2003. En maio 2004 portou o facho da Marcha contra a Droga en Lugo.

Invitada polo Concello de Portomarín (Lugo) a dar unha charla-coloquio sobre “Deporte Adaptado, Discapacidade e Voluntariado” no Colexio Público “Virxe da Luz” de Portomarín (Lugo). Invitada pola Concelleira da Área de Muller e Benestar Social, Doña Carmen Basadre, do Excmo. Concello de Lugo en colaboración coa Fundación Breogán para facer unha demostración de Boccia co gallo das II Xornadas sobre Discapacidade (2006). Incluida na Enciclopedia Galega de Silverio Cañada. Medalla de Bronce da Real Orde do Mérito Deportivo outorgada polo Secretario de Estado Presidente do Consello Superior de Deportes, Excmo. Sr. D. Jaime Lissavetzky Díez. Invitada por C.O.G.A.M.I. Santiago a participar nunha Mesa Redonda sobre "Deporte Adaptado". (2008) Invitada a participar no “I Congreso Internacional do Deporte Adaptado” celebrado en Málaga como poñente de “Que supón o Deporte como Muller Discapacitada”. (2009) Invitada polo I.E.S. Virxen dos Ollos Grandes a dar unha charla-coloquio sobre “Deporte Adaptado”. (2011) Invitada polo I.E.S. Las Mercedes a dar unha charla-coloquio sobre “Deporte Adaptado e Paralimpíadas”. (2012) Invitada por INDECUM Burela a dar unha charla-coloquio sobre “Deporte Adaptado e Paralimpiadas” e entrega da Medalla de Ouro ó Mérito Deportivo de Galicia. (2013) Dama da Orde Serenísima da Alquitara de Portomarín (Lugo), Medalla Castelao entregada polo Excmo. Sr. Presidente da Xunta de Galicia D. Alberto Núñez Feijóo. (2017) Invitada polo I.E.S. Anxel Fole a dar unha charla-coloquio sobre “Deporte Adaptado e Paralimpiadas”. (2018) Invitada por D. Javier Wegmüller a participar nun debate a 4 “Mujer y Deporte” onde comparte mesa con Marta Míguez Tello, Arantxa Mallou e Karina Pasarín. (2021) Incluida no proxecto da Excma. Deputación de Pontevedra “365 días 365 mulleres”. Invitada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago no proxecto “O Camiño que nos une” a dar unha charla-coloquio sobre “Deporte Adaptado e Paralimpiadas” vía telemática aos alumnos do “I.E.S Val do Asma” de Chantada (Lugo). Invitada polo Concello de Mondoñedo (Lugo) a participar, vía telemática, na homenaxe a Susana Rodríguez Gacio, medallista Paralímpica en Tokio 2021.

 Outros datos de interese

Luis Leardy incluíuna no seu libro Doce historias y una meta (2000). Procede dunha familia humilde e traballadora, é paralítica cerebral. Cursou estudios de COU, Tec. Auxiliar Administrativo e diversos cursos de Informática. Gústalle defender os seus dereitos, viaxar, falar, montar a cabalo, a praia, o deporte, etc.