Alejandro Ricardo Mínguez González


Categoría: Xornalista e micólogo
Data de Nacemento: 21 de abril de 1974
Lugar de Nacemento: Ourense

Opinión
 Currículum

Foi redactor de Faro de Vigo en Ourense, locutor de Onda Cero Radio Miño en Ourense e correspondente da axencia de noticias Europa Press na capital das Burgas. Colaborador de diversos medios de comunicación, entre eles o semanario A Nosa Terra.

No apartado micolóxico hai que destacar máis de medio cento de conferencias impartidas en Galicia e Euskadi sobre os máis diversos aspectos relacionados co mundo dos cogomelos. É un dos organizadores das Xornadas Micolóxicas de Celanova, Ourense.

 Obras realizadas

Mínguez Gzlez., A. (1993). A música na vila de Celanova. Ourense: Deputación Provincial de Ourense.

Mínguez Abajo, R. e A. Mínguez González (1995). Manual de cogomelos máis frecuentes e curiosos na zona de Celanova. Santiago de Compostela: A.X. O Cercado. Xunta de Galicia (reed. 1996, 1998).

Mínguez Abajo, R. e A. Mínguez González (2000). Cogomelos máis frecuentes nas terras de Celanova e Baixa Limia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

Mínguez Abajo, R. e A. Mínguez González (2001). Os mellores cogomelos de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, col. Follas Divulgadoras (reed. 2005, 2009)

Mínguez Abajo, R. e A. Mínguez González (2001). Cogomelos máis tóxicos e perigosos de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, col. Follas Divulgadoras (reed. 2005, 2009)

Mínguez González, A. e X. M. del Caño (2004). Ourense, paisajes, ciudades, monumentos. Vigo: Faro de Vigo.

Mínguez González, A. (coord.) (2005). Directorio Empresarial de Ourense. Vigo: Faro de Vigo.

Mínguez González, A. (2009). Cogomelos medicinais. Vilaboa-Pontevedra: Edicións do Cumio.

Mínguez González, A. (2009). Setas medicinales. Vilaboa-Pontevedra: Ellago Ediciones.

Mínguez Abajo, R., A. Mínguez González e I. Mociño González (2010). Vinte e cinco anos de cogomelos de Celanova. Celanova: Asociación de Mulleres Rurais Maravalla.

Mínguez González, A., A. Temprano Ferreiro e I. Mociño González (coords.) (2010). Galicia en Euskadi. Bilbao: Universidade do País Vasco/Xunta de Galicia.

Mínguez Abajo, R. e A. Mínguez González (2010). Nove ducias de cogomelos de Ourense. Ourense: Deputación Provincial de Ourense.

 Outros datos de interese

PREMIOS:

Premio “Xosé Aurelio Carracedo” de Xornalismo 2010. Deputación Provincial de Ourense.

 

Referencias:

Galicia Hoxe:

http://www.galicia-hoxe.com/indexSuplementos.php?idMenu=17&idNoticia=475165

La Región:

http://www.laregion.es/noticia.php?id=107367?visita=1

La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.com/lemos/2009/10/07/0003_8020003.htm

A Nosa Terra:

http://www.anosaterra.org/nova/novo-blog-de-alexandre-minguez-en-a-nosa-...

Edicións do Cumio:

http://www.cumio.com/autor.php?id_autor=419