Foi empresario do sector da madeira e, como tal, presidente provincial da sección económica e vocal nacional do sindicato. Tamén foi vocal do Consello Económico Sindical de Galicia e do Consello Provincial de Empresarios. Polo que respecta á súa actividade política, foi primeiro alcade de Monforte na época democrática desde 1979 e ó longo de catro lexislaturas e deputado do Parlamento de Galicia (desde 1985 a 1987 e desde 1997 a 2001). Participou en varias comisións do Parlamento, en especial na de Industria e na de Control de RTVG, da que foi presidente.