Pablo Bicho


Categoría: Cantante, músico, autor e showman
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Ten unha extensa carreira artística con máis de vinte anos na música, máis de 150 cancións propias e tres discos publicados como solista. Un deles, ‘Las cosas llegan’ (1998) CNR Arcade, tivo unha repercusión en prensa, radio e TV fóra do habitual, alcanzando importantes postos nas listas de éxitos deste país e actuando en programas de máxima audiencia como Crónicas Marcianas, Carmen Sevilla TVE, Música Sí, Telediarios de TVE, etc..., ademais de incontables televisións locais e prensa escrita en todo o ámbito nacional. Está gravando as maquetas do que será o seu cuarto traballo discográfico. Actualmente vive na Coruña, e nesta etapa comeza a prepara-la súa xira galega con numerosas actuacións coas que pretende rodar as cancións para finalmente facer a selección e publicar o que será o seu próximo traballo discográfico. Forma dúo co violinista Manu Clavijo en espazos reducidos. É un grupo formado por excelentes e experimentados músicos.
Este cantante recolle no seu repertorio variados estilos que mestura e domina como poucos, no que abundan a rumba, o latino e un flamenco lixeiro, ademais de reggae e cancións máis intimistas dunha gran carga emocional.
É un dos artistas con máis proxección que temos, non só pola súa imparable carreira, constancia e as súas incontables actuacións, senón tamén pola súa extensa obra e o seu gran talento como autor eloxiado por cantantes e artistas como Joaquín Sabina, Martirio, Antonio Flores, Antonio Carmona e outros moitos.

 Outros datos de interese

Nos escenarios fai que as súas actuacións sexan sorprendentes, tanto na súa forma acústica como eléctrica. É divertido e a boa resposta do público está asegurada cunha posta en escena e táboas de quen leva toda a vida nisto.
Páxina Web: www.pablobicho.com