Juan Adrio


Categoría: Deseñador gráfico e fotógrafo
Data de Nacemento: 14 de novembro de 1971
Lugar de Nacemento: Pontevedra
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Graduouse en Artes Aplicadas na especialidade de Deseño Gráfico na Escola Pablo Picasso da Coruña e na especialidade de Fotografía Artística na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela. É mestre de taller de fotografía na Escola de Arte Antonio Failde de Ourense desde o ano 1999.

 Obras realizadas

A súa obra foi seleccionada para a Exposición colectiva do certame Novos Valores da Deputación Provincial de Pontevedra nos anos 1999, 2000 e 2003. Realizou unha exposición individual na galería La Suite de Barcelona do 19 de Setembro ó 15 de Outubro de 2005. Expón a súa obra e está representado pola galería La Suite de Barcelona (www.suitesubastas.com)