José López - Suevos Otero


Pseudónimo:Pepo Suevos
Categoría: Actor
Data de Nacemento: 10 de setembro de 1971
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

-Título de Graduado Escolar no Tirso de Molina (Ferrol).
-Título de B.U.P. e C.O.U. no Tirso de Molina.
-Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela.
-Título de Xestor Administrativo e inscrito no Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.
 
Formación Complementaria

-Curso de Mimo impartido polo mimo Alexis.
-Curso de Contacontos impartido por José Campanari.
-Iniciación e perfeccionamento de Clown, impartidos por Good Idea Company.
-Curso de Iniciación ao Teatro en Espacio Aberto  (Santiago).
-Alumno de Espacio Aberto para o curso 2001-2002.
-Curso de Cabaret impartido por Ángel Burgos e Luis Llamas.
-Curso de Dobraxe con Antonio Mourelos.
-Curso de Dobraxe con Antonio Mourelos, Ramiro Taboada e Juan Carballido.
-Curso de sistema de voz Voice Craft, con Helen Rowson e Viv Manning.
-Curso de Canto e Técnica Vocal durante dous anos no Concello de Ames.
-Curso de Guitarra durante un ano no Concello de Ames.
-Cursos de Bailes de Salón (3º Nivel) no Centro Cultural Xoán XXIII de Santiago.
-Cursos varios de Artes Marciais e Defensa Persoal, entre outros, co campión mundial de kick-boxing José Pina ou Emilio Vazquez (Keisi Fighting System).
-Monitor de Baloncesto e Rugby e árbitro de Rugby.
-Idiomas: castelán, galego e inglés. 

 

 Obras realizadas

Teatro:
-Membro durante os anos 1989, 1990 e 1991 do grupo de Teatro Universitario “Quintana de Vivos“.
-Intérprete e guionista do dúo cómico “Los Cencerros de Úbeda” con diversas actuacións en Santiago e comarca durante 1998 e 1999.
-Intérprete e guionista do dúo cómico “Cirio y Lirio” con actuacións por locais e colexios de Galicia durante 2000 e 2001.
-Diversas actuacións como contacontos, monologuista, cómico e animador en solitario en locais, festas e colexios de toda Galicia desde 1999 ata a data, con máis de 700 actuacións.
-Membro da Compañía de Teatro e Animación “Uvimóvil Teatro” en 2000.
-Membro da Compañía de Clown “Os Sete Magníficos máis Un” en 2001.
-Compoñente da compañía de Cabaret “Caviar 2002”.
-Colaboración especial coa Compañía  “Bacana” na obra “Ratman e Bobin”.
-Lectura dramatizada de "Un domingo á beira do río", de Vicente Montoto.
-Lectura dramatizada de "A prea", de Manuel Lourenzo.
-Participante na gravación da obra de teatro radiofónico "Peter Buckley", gañadora do concurso de teatro radiofónico convocado polo programa "Diario cultural" da Radio Galega na súa edición de 2009.
 
Radio
-Membro fundador da emisora universitaria “Radio Medellín” de Santiago de Compostela en 1989.
-Condutor e guionista do programa de Radio Medellín “Hablemos del Flexo” durante 1989, 1990 e 1991.
-Condutor e guionista do programa de Radio Medellín “Los Cencerros de Úbeda” durante 1998 e 1999.
-Condutor e guionista do programa de Radio Obradoiro “Boomerang” durante o verán de 1999.
-Creador e intérprete do personaxe radiofónico “Peportero”, reporteiro que, sempre en clave de humor, percorreu as rúas de Compostela realizando entrevistas para Radio Obradoiro durante 1999.
-Colaborador e guionista eventual en varias emisoras de radio, como Radio Galega    (programa “Cinecitta”, “Cero en conducta” ou “Máis berberechos”), Cadena 100 (100% Santiago)  ou  Radio Obradoiro (varios programas).
-Participación como contertulio en programas puntuais de Onda Cero Radio en Santiago de Compostela.
-Colaborador habitual en Ames Radio, emisora municipal do Concello de Ames.
 
Cine
-Participación na curta “Domingo” de Paco Rañal.
-Actor principal na curta “Chourizos e augardente” da E.I.S. de Vigo.
-Participación (figurante) na película “Trece campanadas” (Continental e outras, 2002) de Xavier Villaverde.
-Protagonista na película “Entre bateas” de Jorge Coira (TV Movie producida por Costa Oeste e outras, 2001) (11 premios Mestre Mateo 2002).
-Nominado aos premios Mestre Mateo 2002 á Mellor Interpretación Masculina por “Entre bateas”.
-Actor de reparto na película “Ilegal” de Ignacio Vilar (Vía Láctea, 2001).
-Dobraxe ao galego da película “Entre bateas”.
-Dobraxe ao galego da película “Ilegal”.
-Participación na película documental “O Camiño de Santiago: a orixe” de Jorge Algora  (Adivina Produccións, 2003).
-Actor secundario na película “Heroína” de Gerardo Herrero (Continental, 2004).
-(2 premios no Festival de Cine de Málaga, 2005).
-Dobraxe ao galego da película “Heroína”.
-Participación na curta “Rosas” (Mr. Misto, 2004).
-Actor secundario na película “Más que hermanos” de Ramón Costafreda (TV Movie producida por Continental TV  y otras, 2005).
-Dobraxe ao galego da película “Más que hermanos”.
-Actor secundario na película “Chapapote... o no” de Ferrán Llagostera (TV Movie producida por Centre Promotor de la Imatge y otras, 2005).
-Participación na película “El partido” de Juan Calvo (TV Movie producida por Vaca Films y otras, 2006).
-Dobraxe ao galego da película “El partido”.
-Actor secundario na película “El estafador” de Ricard Figueras (TV Movie producida por In Vitro Films, 2006).
-Dobraxe ao galego da película "El estafador".
-Colaboración na película “Abrígate” de Ramón Costafreda (Continental, 2006).
-Actor secundario na película “Una mujer invisible” de Gerardo Herrero (Continental, Milou, Tornasol , 2006).
-Dobraxe ao galego da película “Una mujer invisible”.
-Participación no trailer “Huída de Tijuana 2” de Jorge Saavedra, gañador do Premio do Xurado no Festival de Trailers de películas que non existen (A Coruña, 2007).
-Actor secundario na película “Pradolongo“ de Ignacio Vilar (Vía Láctea Filmes, 2007).
-Actor secundario na película "Agallas", de Andrés Luque e Samuel Martín Mateos, (Continental, 2008).
-Actor secundario na mini-serie coproducida por Portugal, Cataluña e Galicia "Conexao", de Leonel Vieira (Stopline y Continental, 2008).
-Actor secundario na TvMovie "Conto de Nadal", de Ferrán Llagostera (Centre Promotor de la Imatge, 2009). Versión orixinal en catalán.
 
Televisión
-2000: Participante no programa “Contacontos” de TVG, contacontos e contertulio ocasional no programa “Tardes con Ana”, TVG (Gestmusic).
-Actuacións como cómico no programa “Pase sin llamar” de Localia TV Santiago.
-Presentador do programa “Sin cuartel” realizado pola E. I. S. de Vigo.
-Actuación como humorista no programa “La novia de Tintín” da E. I. S. de Vigo.
-2002: Intérprete na serie de TVG “Pratos combinados” (cap. “O ladrón de extintores”) personaje Pepe Serrano, propietario dunha empresa de seguridade (Editorial Compostela).
-2000: Intérprete na serie de TVG “Mareas Vivas” (cap. “Portozás-Canarias”) do personaxe Pancho, albañil galego afincado en Tenerife (Video Voz, 2000).
-Intérprete na serie de Televisión de Galicia “Terra de Miranda” do personaxe Metralla, músico en decadencia camarero dunha taberna (Voz Audiovisual 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006 para un total de 138 capítulos).
-2004: Intérprete na serie de TVG “Rías Baixas” (cap. ‘Peregrinos’) do personaxe Tito, un acaudalado homosexual en constante conflito co seu noivo (Zenit TV).
-2005: Intérprete na serie de TVG “Rías Baixas” (cap. ‘Cuestión de probabilidades’) do personaxe Mariano Moral, pequeno empresario implicado nunha trama de envenenamentos (Zenit TV).
-2004: Intérprete na serie de Televisión de Galicia “As leis de Celavella” (cap. ‘O home que odiaba ós santos’) dun artesán escayolista con doble vida (Voz Audiovisual).
-2005: Intérprete na serie de Telecinco Hospital Central (cap. ‘Examen de conciencia’) de Enrique, home enfermo crónico que se negaba a recoñecelo (Videomedia e Estudio Picasso).
-2006: Intérprete na serie de TVG “Pepe o Inglés” (cap. “Os contedores do lixo“) de Celso Castromil, taxista que entra en violento conflito de intereses cun dos protagonistas (CTV).
-2006: Intérprete na serie de Antena3 “Quart” (cap. 2) dun músico de cámara testigo dun crime (Zeppelin TV).
-Intérprete na serie de Telecinco MIR, de José, irresponsable pai dun neno con problemas de obesidade (Videomedia e Estudio Picasso, 2007).
-Participante como actor/animador na Gala 8º Premios Álvaro Cunqueiro de TVG (Prodher TV, 2002).
-Colaborador eventual do programa Luar (TVG, 2002).
-Colaborador como contador de historias no programa “O pé da letra” de Televisión Española en Galicia.
-Dobraxe ao galego con diversos personaxes das series “Milagros”, “Soledad”, “Desafío total”, “Rubí”… de TVG (CTV, 2002 a 2005).
-Dobraxe ao castelán da serie “Power Rangers” de Antena 3 TV (2005).
-Colaboración no programa “Noite Brava” de TVG como padriño do concello do Carballiño (Costa Oeste, 2003).
-2004: Participación nos especiais “Os Tonechos van presos”, “Os Tonechos de película”, “Os Tonechos van á escola”, “Os Tonechos e os pícaros” e “Os Tonechos e a lotería de Nadal” de TVG (Prodher).
-Actor fixo no programa “O show dos Tonechos” (Prodher, 2005) (TVG 2006, 2007 e 2008). Entre 2007 e 2008 esta sitcom emitíase en rigoroso directo en prime time.
-2006: Colaboración como monologuista en “O Programón” (TVG).
-2008: Intérprete na serie "Os Atlánticos" de Televisión de Galicia dun cobrador de morosos un tanto peculiar. (Filmanova).
-2009: Guionista e actor cómico no programa de variedades “Quen toca?” (Pórtico). 

 

 Outros datos de interese

Desde os seus inicios no mundo “artístico” e debido ao inestable do mesmo, simultaneou todo isto cos máis diversos traballos como Asesoría e Xestión de Empresas desde 1994 ata a data e sobre todo Hostalaría, prestando os seus servizos como Barman, encargado de Seguridade e incluso Disc-Jockey desde 1993 ata 2002 en varios locais de Santiago de Compostela (Coyote Karaoke 93/94, Número K 94/00, Cactus 96/98, After 99/00, Casting Araguaney 00/01, Retablo 01/02 e Mala Vida 2002).
Actualmente é propietario dunha empresa de Xestión e Asesoría de Empresas, Suevos Asociados S.L., capacitada tamén para a promoción, produción e organización de eventos de tipo artístico ou cultural e incluso en formato audiovisual.
Exerce, así mesmo, a profesión de Xestor Administrativo, na que está colegiado desde xuño de 2006 co número 1005.