Despois de volver ao seu domicilio familiar en Lalín, establece a súa residencia en Vigo.
É licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose no ano 2002 coa tese "Epistemoloxía, natureza e xénero" dirixida por Ma Xosé Agra Romero na mesma universidade.
Froito da súa actividade intelectual, é autora de ducias de artigos e publica o libro "Feminismo e Coñecemento. Da experiencia das mulleres ao ciborg".
Exerce como profesora de ensino secundario dende o ano 1990, con destino definitivo no IES Politécnico de Vigo. Preside a Aula Castelao de Filosofía entre os anos 1999 e 2005, ano no que pasa a formar parta da Comisión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega.
Nas eleccións ao Parlamento de Galiza do ano 2005 encabeza a lista do BNG pola provincia de Pontevedra, sendo electa deputada ata ser nomeada Secretaria Xeral da Igualdade na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza.