Martín Santos Ferrón


Categoría: Futbolista
Data de Nacemento: 9 de marzo de 1899 (†25 de marzo de 1964)
Lugar de Nacemento: Vilaxoán (Pontevedra)
 Currículum

Cando tiña 17 anos fichou polo equipo Alfonso XIII de Vilagarcía de Arousa. O 6 de marzo de 1918 o rei Alfonso XIII concedeulle ó club o título de Real. Debutou o día 26 de maio de 1918 contra o Vilagarcía SC, gañando o Alfonso XIII por dous a cero. Tras face-lo servicio militar en África, fichou polo Hispanoamérica de Cuba e despois de pouco tempo pasou a ser seleccionado polo equipo nacional cubano. A causa dunha lesión, tívose que retirar da práctica activa do fútbol e foi nomeado adestrador do Deportivo Centro Galego da Habana e máis tarde adestrador de Cuba, onde gañou as Olimpíadas de Centroamérica. Ó cabo de nove anos regresou a Galicia e converteuse no adestrador do Club Vilagarcía e do equipo feminino de hóckey. En 1940 trasladouse a Madrid por motivos de traballo, aínda que seguiu adestrando (chegou a adestrar ó Castilla, o filial do Real Madrid).