Xoán Piñón nace en A Coruña e despois de facer Mediciña en Santiago de Compostela, deixa a profesión para adicarse a fotografía; nos primeros anos realiza numerosas exposicións como autor e dase a coñecer coa sua serie “iluminados” pola que recibe o accesit premio da crítica (Vigo); é esta unha sorprendente colección de fotografías en branco e negro pintadas con óleo e feitas cun gran detalle, abríndolle as portas a fotografía profesional.
A comenzos dos 80 é cofundador de “Novos Fotógrafos Coruñeses” xunto a, Xosé Abad, Vari Caramés, Xurxo Lobato, Luis Carré, Xulio Correa, Juan Rodríguez e outros. Comenza alternando o deseño gráfico e o cartelismo coa fotografía, e os seus primeiros traballos son para o Concello de A Coruña: reproduccións de arte e certeis para o Palacio Municipal de Exposicións Kiosco Alfonso de A Coruña, etc...
Xunto a Manuel Vilariño, Manuel Sendón, Xosé Luis Suárez Canal e Vitor Vaqueiro, funda o grupo “Canbranco”, do que nacería a iniciativa da primeira Fotobienal Vigo; patrocinada polo Concello de Vigo no que participa como co-organizador e posteriormente expoñendo os seus traballos.
EXPOSICIÓNS:
1977. Galería El Ojo. Madrid.
1978. Caixa Galicia. A Coruña.
1979. Galería Prisma. Lugo.
1980. Galería Sargadelos. Madrid.
1981. Galería Pub O Patacón, “ Iluminados”. A Coruña.
1982. Galería Toquinho. A Coruña.
1ª Fotobienal. Vigo.
Novos Fotógrafos Coruñeses. Colectiva. Itinerante.
1983. Galería Cuartoscuro. O Ferrol.
1984. “I Jornades Fotográfiques a Valencia”, Colectiva. Valencia.
Casa da cultura con Manuel Vilariño. Vigo.
Kiosco Alfonso “Novas formas vellas raices”. A Coruña.
Conde Duque, Colectiva. Madrid..
1985 FOCO 85, Colectiva. Madrid.
Museo do pobo Galego, Colectiva. Santiago.
Museo de Pontevedra, Colectiva. Pontevedra.
Caixa Galicia con Juan Rodriguez. A Coruña.
1986 Museo do pobo galego “7 tendencias fotográficas”. Santiago.
Galería Sargadelos. Santiago.
Universidad Internacional Menéndez Pelayo “Fuerzas atroces del noroeste”. Santander.
Kiosco Alfonso. A Coruña.
1987. Pintores e fotógrafos con Juan Martínez de la Colina “Contactos” A Coruña.
Fotografía e Cine, “Cinegalicia”. Vigo.
Fotografía e Teatro. Bilbao.
1988. 3ª Fotobienal. Vigo.
1989. 2ª Mostra fotográfica, Colectiva. Lugo.
1990. Foto erotismo, Colectiva. A Coruña.
1991. Tradición e Deseño. Stuttgart, Santiago, París, Zurich.
1992. Pabellón de Galicia, EXPO 92. Sevilla.
Xunta de galicia, “Galicia en Fotos”, Colectiva. México, Buenos Aires.
1993. Consello da cultura galega. “Galicia Terra Nai.” Colectiva.
Galicia Terra Única. A Coruña. Xunta de Galicia.
1994. Sala Salvador de Madariaga. A Coruña.
C.C. Cuatro Caminos. Passport Scotch Gallery. “irrealidades”. A Coruña.
1995. Casa da Parra, Xunta de galicia “Urbe, Natura e Cosmos”, Colectiva. Santiago.
1996. Pigmentos Autorizados. Barcelona. AFPPMC. Barcelona.
1997. Deputación de A Coruña “A memoria recobrada”. A Coruña.
Sonimag 98. Barcelona. Pabellón Asociación Fotógrafos Profesionales.
Deputación de A Coruña “Momentos de cine”. Itinerante.
Fundación Barrie de la Maza “Galicia Terra Única”. A Coruña.
1998. Palestina. “Arte por Palabra”. Fundación Araguaney.
2002. Botella tirada ao mar. “Nunca Máis”. Itinerante.
2003. Sonimag 03. Barcelona. Pabellón Danish Photo.
2003. Marea de Luz. Colectiva. Itinerante.
2004. 6+6 “A Coruña vista por 6 fotógrafos + 6 pintores”.
Colexio Oficial de Arquitectos. A Coruña
“A Paisaxe Humana”. Individual. Festival de Ortigueira 25 Aniversario.
2005. Outono Fotográfico de Ourense. Maceda. “A Paisaxe Humana”.
2006. Outono Fotográfico de Ourense. Colectiva.
COLECCIÓNS DE AUTOR:
Iluminados (1977 a 1985): a estética dos oitenta, fotos en branco e negro pintadas con óleo; realiza 25 fotografías en catro anos.
Luz Coherente (1986): fotografía experimental con luz láser proxectada e imáxes biomorfas. Diapositiva sobre Cibachrome.
Inmateriales (1987): plasmar o intanxible, realizada co pintor Juan Martínez de la Colina.
Nueva York (1987): a fascinación pola fotografía de arquitectura, proxección en diapositiva 35 mm.
Galicia Terra Nai (1993): profundizando na maxia e o misterio de Galicia. Branco e negro sobre papel baritado.
Depositada no Consello da Cultura Galega.
10 Años de Moda (1985 a 1995): Arte publicitario no sector moda. Un percorrido pola historia da Moda en Galicia. Técnicas variadas.
A Memoria Recobrada (1997): unha visión persoal dos artesáns do centro histórico de Santiago. Técnicas de alto contraste sobre papel fotográfica.
Momentos de Cine (1997): retratos e esceas memorables do cine feito en Galicia.
Espirais (1994 inacabada): exposición baseada na forma espiral biolóxica e cósmica. Realizadas en estudo. Diapositiva 6x6 e 9x12 sobre Cibachrome.
Dez Outonos no Courel (1994-2004): Serra de O Courel, unha búsqueda imposible da semá sinalada polo bosque. Diapositiva 6x6.
A Paisaxe Humana (2003): Exposición conmemorativa do 25 Aniversario do Festival de Ortigueira. Fotos a tamaño natural das persoas. Desprazóuse un plató fotográfico e, sobre fondo branco, as persoas aparecen como un documento descontextualizado do festival.
Extratos (2005 inacabada): abstraccións sobre masas de cor e formas distorsionadas. Unha aproximación ao mundo máis onírico.
A Horta de Carnati (2006-2007 ): a turxencia da terra, seres vexetais que manifestan explícitamente a súa existencia.
FOTOGRAFÍA PUBLICITARIA
Xoan Piñón é un dos referents da imaxe publicitaria a dende os anos 80. Realiza campañas de prestixio relacionadas ca proxección de productos de marcas galegas como Estrella de Galicia, Televés, Leche Pascual, Televisión de Galicia, Coren, Cabreiroá, Pescanova, Caixa Galicia, Fundación Pedro Barrié de la Maza ou Sargadelos, e campañas de caracter institucional de diversas Consellerías de A Xunta de Galicia, Deputacións e Concellos de Galiza.
Poderíamos citar outras empresas de caracter internacional coas que traballa como:
Microsoft (Perspectivas), Visa, EMI, Warner, Buena Vista Internacional, Inditex, Telefónica, Iberia Líneas Aéreas, Centro de Arte Reina Sofía, etc...
Revistas como Vogue, Elle, Folk Roots, Wallpaper, Neo2, Domus publican habitualmente imaxes de Xoan.
ACTIVIDADE DOCENTE. PONENCIAS. CONFERENCIAS:
Universidad de Vigo. Campus de Pontevedra. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Mestre Invitado. Publicidade e Relacions Públicas. Fotografía Práctica. Asignatura 4º curso.
Consellería de Cultura. Xunta de Galicia. Consorcio Audiovisual de Galicia. Formación de Monitores. “Audiovisual nas aulas”.
Consellería de Educación. Xunta de Galicia. “Tratamentos avanzados de Imáxes Dixitais”. Centro de Formación e Recursos. Plan de formación de mestres da Imaxe.
Cursos de Iluminación. CIMAT. Madrid. Bilbao. Málaga. Sevilla.
Centro Español de Nuevas Profesiones. A Coruña. Ponencia Moda Galega século XX
Escola de Imaxe e Son. A Coruña.
Escola Marcote. Vigo.
Escola de Artes Pablo Picasso. A Coruña
Consellería de Educación Xunta de Galicia CGAC “Encontros cos artistas plásticos galegos”
Universidade de Vigo Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación “Fotografía publicitaria”.
FOTOGRAFÍA DIXITAL. NOVAS TECNOLOXÍAS
Alumno de Daniel Margulis, é unha persoa experimentada na fotografía dixital e o Retoque Dixital da Imaxe, así como en disciplinas tan especializadas como a Calibración da Cor e a Preimpresión Dixital, campos nos que na actualidade, supoñen un alto porcentaxe do seu traballo. Numerosas empresas da comunicación elixen a Xoan Piñón para impartir cursos, presentacións e conferencias de fotógrafía profesional (Madrid, Bilbao, Vigo, Málaga, A Coruña, etc...).
FOTOGRAFÍA DE MODA
En 1995 recibe o premio Lux Moda cun catálogo para Caramelo con Judith Mascó como recoñecemento a sua laboura creativa.
Co nacemento da revista Galicia Moda creada por Luis Carballo, comenza a realizar os seus primeiros ensaios na fotografía de moda; co seu persoal estilo, marcas como Caramelo, Pull&Bear, Masimo Dutti, Antonio Pernas, Montoto, realizarán as suas campañas publicitarias. Modelos nacionais e internacionais como Inés Sastre, Judit Mascó, Marcus Schenkenberg, Vanesa Lorenzo, Mar Flores, Estefanía Luick, Carlos Lozano son fotografiados por Piñón.
CINE
No campo do cine, fixo numerosos traballos para productoras como Buena Vista Internacional, Warner, Filmax, Continental Producciones, Tornasol films e outras.
Xoan Piñón realizou fotografías publicitarias nas películas “Divinas Palabras” (José Luis García Sánchez), “Viuda de Gómez e Hijos”, “Finisterre”, “Continental”, “Trece Campanadas” (Xavier Villaverde), “Se quién eres” (Patricia Ferreira), “El Bosque Animado” (Dygra, Manuel Gómez Santos, Ángel de la Cruz), “La Rosa de Piedra”. (Manuel Palacios para Canal +) “Para que no me olvides” (Patricia Ferreira). “Heroina” (Gerardo Herrero) “Abrígate” (Ramón Costafreda), “Días Azules” (Miguel Santesmases), “Mia Sara” (Gustavo Ron), etc...
Numerosos persoeiros do cine posaron pra Xoán Piñón : Francisco Rabal, Imanol Arias, Ana Belén, Geraldine Chaplin, Marisa Paredes, Manuel Manquiña, Luis Tosar, Aurora Bautista. Fernando Fernán Gómez, Nancho Novo, Elena Anaya, Marta Etura, Adriana Ozores, Berta Ojea, Oscar Jaenada, Marta Larralde, María Bouzas, etc...
MÚSICA
Na súa antiga relación coa música grava en 1968 co grupo “Genaración 49” http://www.generación49.blgspot.com/o primeiro EP de música electrónica con temas galegos como instrumentista e arranxista. Con NHU, o mítico grupo compostelán, participa nos anos 1974 e 1975. Como integrante e cofundadador do grupo musical galego DOA http://www.doa-music.com, mantén una intensa actividade de gravacións e actuacións.
DISCOGRAFÍA CON DOA
1979. "O Son da Estrela Escura" (Ruada) reeditado 2003 en SON de Galicia (La Voz de Galicia)
1984. "Polaridade" (Sociedad Fonográfica Asturiana / Ión Producciones) reeditado 2002
Ye Records Dos Acordes SL. Cedida a edición de 500 exemplares a "Nunca Máis"
2002. "Arboretum" (Xingra.com)
2006. “A fronda dos cervos” con la colaboración de Rosa Cedrón, Leilía e Mare produccións.
COLABORACIÓNS MUSICAIS
Emilio Cao “Fonte do Araño” como instrumentista e arranxista.
Bibiano “Alcabre” como instrumentista e arranxista.
Dygra Producciones “El Bosque Animado” como compositor, instrumentista e arranxista
Interacción “El Templo” Videoxogo incorpora temas do CD “Arboretum”.
Rosa Cedrón “Entre dous mares” como intérprete e arranxista do tema “Como soños de nacre”.