Juan José Esteban Gómez


Pseudónimo:Juanillo Esteban
Categoría: Actor, guionista, cantante, clown, bufón...
Data de Nacemento: 12 de Abril de 1968
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Realizou cursos de produción e realización de video-TV, dobraxe, interpretación, produción de espectáculos en vivo, fixo obradoiros de clown e bufón de guionista de series de ficción e de Performance Dinamics.

 Obras realizadas

Traballou nos programas da TVG ‘Máxima Audiencia’, ‘Rías Baixas,’ e ‘Avenida de América’, ‘Fíos’, ‘Pratos Combinados’, ‘Xabarin Club’, onde interpreta a XABARIN, a mascota do programa desde 1994, sendo tamén o locutor do programa, ‘Nos, os Consumidores’ e ‘Fatal, Fatal, Fatal’.
Tamén ten experiencia profesional no teatro e na música. Escribiu e interpretou o espectáculo cómico de humor salvaxe ‘YONI MEDIO GRAMO’ (2002-2005), funda a compañía ‘ALACRÁN TEATRO’ (1995), foi actor, letrista e compositor na obra teatral ‘A Matanza dos Seixas’ (1993), actor nos espectáculos LENDA (1993) e ‘Solos, Perdidos y Viciosos’ (1992), fixo un monólogo a dúo con Manuel Manquiña (escrito por A. Blanco) e foi letrista e cantante dos grupos de rock ‘Los Recienes’ e ‘Sporting Transilvania’ (1990 a 2000).