Basilio Losada Castro


Categoría: Filólogo e escritor
Data de Nacemento: 26 de xuño de 1930 († 9 de xullo de 2022)
Lugar de Nacemento: Láncara (Lugo)
 Currículum

Doutor en Filosofía e Letras e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Barcelona, está xubilado desde o ano 2000. Foi mestre en España dos programas das Universidades de California e Illinois, do Knox College e do Darmouth College. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Barcelona e foi nomeado doctor honoris causa polo Knox College (EE.UU.).

 Obras realizadas

Conferenciante en Portugal, Brasil, Holanda, Italia, Alemaña, Gran Bretaña, Bélxica e outros países, Basilio Losada escribiu centos de artigos sobre Literatura Galega, Portuguesa e Brasileira. Entre os seus numerosos libros publicados, destacan La Peregrina, Historia de la Literatura Brasileña, Poesía gallega de posguerra, Poesía gallega contemporánea, numerosas edicións críticas e centos de prólogos. Publicou máis de cen obras traducidas de oito linguas. Impartiu cursos de Historia da Arte en diversas universidades de Alemaña, Bélxica e Estados Unidos (recibiu o Premio Nacional de Traducción).

 Outros datos de interese

Basilio Losada foi galardoado con numerosas distincións como a Medalla Castelao, a Medalla de Galicia, a Cruz de Sant Jordi da Generalitat de Catalunya, Comendador da Orde de Enrique o Navegante de Portugal e Cruceiro do Sul (Brasil), entre outras. Foi vicepresidente da Asociación Española de Críticos Literarios entre 1985 e 1993, membro da Asociación Internacional de Críticos Literarios e da Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1998 foi nomeado “galego egrexio” pola Fundación de Premios da Crítica.