É unha referencia indiscutible do deporte galego. Como xogador disputou doce tempadas na Primeira División do fútbol español, retirándose profesionalmente en 1965.
Como adestrador, tamén pasou por varios equipos e destaca sobre todo o ascenso do Deportivo á Primeira División na tempada 90-91, aos que hai que engadir éxitos como que, por primeira vez na súa historia, o Depor se clasificase para xogar unha competición europea, a Copa da Uefa, e de gañar o primeiro título oficial da historia do Deportivo da Coruña, a Copa do Rei.
Máis aló dos éxitos na súa traxectoria como futbolista e adestrador, Arsenio Iglesias, é un persoeiro galego apreciado publicamente pola súa idiosincrasia e a súa forma de entender e interpretar a vida.
Foi galardoado coa Medalla Castelao en 2012.