O seu pai era contramestre da Armada, profesión que intentou facer seguir ao seu fillo, pero non consegue pois Carmelo déixase levar pola vena artística da familia materna.Carmelo queda orfo de nai moi cedo e vive un tempo cunhas tías, apelidadas Calderón de la Barca e coñecidas popularmente como Las Calderonas.O primeiro debuxo que se conserva de Carmelo realizouno con sete anos, representando un sacerdote e un acólito levando o viático, este debuxo denota a facilidade innata para o debuxo que o caracterizou. Con catorce anos realiza as súas primeiras obras ao óleo nunha temporada que vive en Monforte de Lemos.Aos 16 anos cumpre o servizo militar en Bañolas (Xerona) a partir do cal vive independente da súa familia.Colabora con distintas revistas, onde realiza ilustracións como Juventud y Fenicia en Ferrol ou Marineda na Coruña, onde empeza a intervir desde o número en que esta revista critica a súa obra presentada no Salón da Pintura de 1922. Colabora tamén na revista "Maruxa", editada en Ferrol, onde se atopan tamén traballos do pintor Bello Piñeiro a partir de 1926.Deseña e realiza distintos distintivos e anagramas de unidades militares, pergamiños e medallas conmemorativas, placas dedicatorias como a que entregou o Real Coro Toxos e Froles, do que foi presidente, a Curros Enríquez en 1932.O seu carácter social le leva a intervir en grupos musicais ferroláns, onde chegou a ser presidente da Tuna Ferrolá e do Real Coro Toxos e Froles desde 1931 e durante vintecinco anos, co que realizou xiras por toda España.Deseña a medalla de ouro da cidade (Ferrol) que será entregada a Franco. Tamén diversos pergamiños ofrecidos en homenaxe a outras tantas personalidades como a Lorenzo Barrio, Jesús Querejeta, Millán Astray, Francisco Moreno ou Juan Bautista Aznar. Deseña tamén a placa ofrecida polo Real Coro Toxos e Froles ofrecida a Curros Enríquez en 1932. Deste coro foi presidente durante 25 anos, durante os que promoveu innumerables actividades que levarán ao Real Coro a obtención da Cruz do Mérito Naval.Aínda que Carmelo é máis coñecido pola súa pintura ao óleo, traballou tamén a acuarela, como se pode apreciar nuns proxectos que realizou para a ornamentación da Igrexa do Pilar de Ferrol. Tamén pintou ao gouache as súas últimas obras que se refiren a temas alegóricos e de lendas galegas, como "A Santa Compaña", "Noitebrega", "Xubileo Compostelán" ou "Estadea", sendo esta a última produción da súa vida. Destacou, así mesmo, no debuxo a plumilla, onde dá unha lección maxistral de debuxo e destaca a súa aguda observación da rica arquitectura popular galega, xunto a debuxos de ermidas, igrexas ou conventos, debuxa hórreos, cruceiros, pontes ou casas. Algúns destes debuxos foron utilizados para realizar unha guía sobre os arredores de Ferrol que non chegou a publicarse, pero que existe en forma de maqueta.
-1922: realizou a súa primeira exposición no Segundo Salón da Coruña, onde recibe unha calorosa crítica que aparece na revista "Marineda", na que máis tarde colaboraría. Sotomayor criticaría favorablemente as súas obras.
-1923: realizou a súa primeira exposición individual, esta vez en Vigo, nos salóns do "Nuevo Club", tamén aquí recibe boa crítica, incluíndo de novo a Sotomayor.
-1924: volve a expoñer na Coruña, no Círculo de Artesáns, e por primeira vez expón tamén en Ferrol. Este mesmo ano recibe o eloxio de D. Eladio Rodríguez González, presidente da Real Academia Galega.
-1925: participa na III Exposición Rexional de Pintura en Ferrol. Ese mesmo ano entrega un pedido de cadros para o Buque Escola Galatea, entre eles: "Dantesto", "Crucero de Canido" e "Quietud", que acompañarán ao barco nas súas singraduras.
-1926: expón en Vigo, no Salón do Automóbil e na Coruña no Círculo de Artesáns.
-1927: expón no Círculo Mercantil de Ferrol, onde presenta 24 cadros, que se expoñen con 5 esculturas de J. Balás.
-1928: envía varias obras a Madrid, para a Exposición de Arte Galego, celebrada no Pazo do Retiro. Tamén ese ano expón en Barcelona nas Galerías Layetanas, onde recibe a visita de D. Francisco Cambó, que lle compra varios cadros.
-1929: pretende expoñer en Londres para o que prepara algunhas maquetas e traduce varias das críticas recibidas, e monta un catálogo coa efixie de Candelas (a súa esposa) de portada. Esta exposición non chegou a celebrarse. Ese ano Carmelo é elixido presidente do Real Coro Toxos e Froles.
-1930: expón en Ferrol e no Círculo de artesáns da Coruña, onde presenta 48 cadros.
-1935: expón no Casino de Ferrol e en Madrid na Agrupación Castro Gil.
-1938: expón na Coruña na Asociación de Artistas.
-1940: expón en Ferrol, no Casino Ferrolán, con 41 cadros e en Vigo.
-1941: viaxa ás Illas Canarias, expoñendo no Excmo. Cabido Insular, nas Palmas con 40 cadros, e en Santa Cruz de Tenerife.
-1942: presenta 27 obras na Exposición Provincial de Arte de Educación e Descanso na Coruña. Ese ano deseña a Medalla da Cidade e o pergamiño conmemorativo entregado ao Xefe do Estado, D. Francisco Franco.
-1943: expón no Casino de Salamanca.
-1944: expón 43 cadros en León no Tenis Club Peñalba e en Oviedo na Casa de Galicia, onde expón outros 43 cadros.
-1945: expón en Zaragoza, onde presenta 40 obras.
-1946: expón na Coruña na Asociación de Artistas, onde presenta 46 cadros.
-1947: xorde o proxecto de expoñer na Habana aínda que non se chega a materializar. Ese ano Carmelo volve expoñer en Ferrol, no Casino Ferrolán, onde presentaría 63 cadros.
-1948: expón en Elche, en cuxo Casino presenta 56 obras, expón en Alacante onde coñece ao pintor de Jacarilla, José Gálvez Roch (1905-1991) con quen traba amizade e ao que lle organiza unha exposición en Ferrol, e finalmente en Cartaxena, onde presenta 73 cadros, cunha gran acollida, e onde o cronista local, D. Vicente Ros, lle dedica unha emocionada crítica.
-1949: expón en Alcoi (Valencia), onde presenta 83 cadros, e finalmente na Coruña, na Exposición Provincial, onde presenta 4 cadros e onde Carmelo recibe o premio especial.
-1950: expón en Ferrol, na exposición de Pintores Ferroláns, colectiva a beneficio das confrarías da Santísima Virxe das Dores. Ese mesmo ano expón nas Palmas, no Museo Canario, 39 cadros, en Tenerife, no Círculo de Belas Artes 50 cadros, no Casino de Badaxoz 45 cadros no Concello de Almendralejo 39 cadros e en Cáceres.
-1951: expón no Círculo de Belas Artes de Bilbao, onde presenta 50 cadros, e nas salas municipais do Concello de San Sebastián 50 cadros.
-1952: expón na Xunta Local de Turismo de Santiago de Compostela con 58 cadros, e nas Palmas, na I Exposición de Pintura Galega, con Sobrino e outros pintores. No Círculo Mercantil de Pontevedra presenta 59 obras.
-1953: expón no Ánfora Club de Arte de Jerez de La Frontera, con 27 cadros, tamén no Novo Club de Tánger con 34 cadros, na Delegación de Cultura en Tetuán, expón 76 obras e finalmente en Lérida, a súa última exposición en vida.
Como exposicións póstumas, en Ferrol en 1972 en homenaxe a Máximo Ramos, xunto á obra de outros pintores ferroláns. En Vigo na Caixa de Aforros de Vigo. Finalmente na Coruña e Vigo con motivo da exposición de Pintores Ferroláns falecidos patrocinado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña.