Aquilino González Álvarez


Categoría: Vogal de Barreiras Arquitectónicas de Auxilia Lugo
Data de Nacemento: 3 de Xaneiro de 1966
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Xeografía e Historia pola UNED.
Máster en Xestión e Mediación do Patrimonio Cultural en Europa pola UNED.
Máster en Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación pola UNED.
 
Membro da asociación Auxilia Lugo desde 1990, desde  2002 está na xunta directiva, ocupándose da área relacionada coa supresión de barreiras arquitectónicas. Dirixiu numerosas campañas de sensibilización e reivindicación pola accesibilidade en rúas, locais comerciais ou de ocio e na educación e a cultura. Polo seu labor nese terreo, a asociación da prensa e televisión de Lugo elixiuno “Lucense do ano” en 2006. Posteriormente, nese mesmo ano, realiza por encargo do Concello de Lugo un informe sobre a accesibilidade ó patrimonio monumental de cidade, dentro do proxecto europeo PAGUS de rehabilitación de cascos históricos. Colaborou tamén co museo provincial nas súas iniciativas por lograr un museo aberto a todos os sentidos.  Actualmente colabora con compañeiros de Auxilia dentro do gabinete de accesibilidade municipal. En Auxilia, ultimamente o seu principal traballo céntrase en conseguir a accesibilidade ao patrimonio monumental da cidade. Neste sentido, dirixiu entre decembro de 2008 e marzo de 2009 unha campaña  de recollida de firmas para lograr a accesibilidade á muralla romana de Lugo, campaña que logrou que 12.800 lucenses apoiaran as reivindicacións de Auxilia.