Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo, posúe máis de doce anos de experiencia no asesoramento fiscal de empresas, estando especializado na fiscalidade de reorganizacións e compravendas empresariais, así como en fiscalidade internacional.
É profesor habitual en Universidades e Escolas de Negocios.
Incorporouse a Deloitte en 1993, e despois de tres anos nas oficinas de Vigo e Madrid, ingresou en Arthur Andersen Asesores Legais e Tributarios en 1996. Na actualidade é o director de Deloitte en Galicia na área xurídico-fiscal.