Licenciada en Medicina e Ciruxía.
Cursou Grao Profesional na especialidade de piano no Centro Autorizado Profesional e Elemental de Música “Cantiga” de Sarria (Lugo).
Dende o ano 2012 encarna a figura da “Tamborileira” representativa das festas patronais de San Xoán da vila de Sarria, sucedendo neste cometido ao abogado e antigo Cronista Oficial da Vila, don Xaime Félix López Arias.
Iniciouse na escrita con oito anos de idade cando, no ano 2002, participou no certame para nenos convocado pola Asociación Cultural “Monte Oribio” de Sarria co galo do día Das Letras Galegas, acadando o premio polo conto “O Coelliño Martiño”. Este feito animouna a participar nas seguintes edicións nos anos 2003 e 2004 nas que tamén foi galardoada polos contos “O Dragón Antón e a Dragona Ramona” e “A Viaxe da Berenguela”, respectivamente.
No ano 2009 obtivo o 1º Premio Nacional, Autonómico e Provincial do “Certamen Nacional Jóvenes Talentos” convocado pola “Fundación Coca-Cola-Juan Manuel Sainz de Vicuña” na súa 49ª edición polo relato “Concierto para Nadie”.
Nese mesmo ano 2.009 foi finalista da 1ª edición do certame “Novos Talentos 2.009” convocado pola mesma fundación para relatos en galego por “Alento da Mañá”.
Acadou o 1ª premio no XII Concurso Nacional “Háblame de tu Abuelo” convocado pola editorial SM e a Confederación Española de Organizacións de Maiores polo relato “Tiempo de Magnolias” (publicado polo diario “El Progreso” no seu especial adicado a Sarria do 23 de setembro de 2.009) e tamén o accesit na XIII edición por “El Verso”.
Logrou en catro ocasións o 1º premio do certame de relatos curtos “Trapero Pardo” (edicións XIV, XVI, XVII e XVIII) convocado polo Ilmo. Concello de Lugo polos contos “Moras de Setembro”, “Miguel”, “O Labirinto de Papel” e “Tremor de Améndoas”, respectivamente.
Obtivo o 2º na XV edición por “Pons Minae” e tamén na XIII por “De ónde ves?”.
Acadou o 1º Premio do I Certame “Amigos para Sempre” convocado no ano 2009 polo Consello da Xuventude de Galicia pola obra “Bolboreta Branca”.
En cinco ocasións logrou o 1º premio de Narrativa convocado polo IES Gregorio Fernández e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (edicións III, V, VI, VII e VIII) polos relatos “Deíxame Durmir Na Herba”, “O Árbol da Vida”, “Luz de Mar”, “Penélope” e “A Flor da Mazaira”, respectivamente; e o 2º premio na IV edición polo conto “A Pedra”.
Obtivo o 1º Premio do II Certame Literario Escolar CAIXANOVA pola obra “A Cuarta Ola” e Accesit por “Platero y el Mar” e “Melocotóns Maduros” nas I e III edicións.
Na XLI edición dos Premios Litararios “MINERVA” (ano 2013) acadou tres galardóns: o 1º premio en narración por “Tigres azuis no mar de Andamán”, o 3º premio na modalidade de poesía por “Tres sombras” e un accessit en narración por “A tránsfuga”.
Na XL edición dos Premios Literarios “MINERVA” (ano 2012) logrou dous galardóns na modalidade de narración: O 2º premio por “Oribio” e tamén o 1ª accesit por “Os Centauros de Whitman”.
Na edición XXIX dos Premios Literarios “MINERVA” (ano 2011) acadou outros dous premios nas modalidades de narración e poesía por, respectivamente, “O Unicornio Branco” e “Poemario das Formas: Círculo, Cadrado e Espiral”.
Logrou o 1º premio nas dúas edicións II e III do certame “Contos e Lendas sobre Viticultura na Ribeira Sacra” por “Curruca” e “Promesa de Viño”.
Acadou o 1º Premio de relato curto “Concello de Quiroga - Nadal 2009” por “Ollos de Pedra”.
Acadou o 3º premio no IV Concurso de relatos científicos “Ciencia que Conta” polo conto “A Mosca”.
Foi galardonada en sete ocasións co premio “Poesía de Nadal” da Biblioteca Pública Provincial de Lugo (anos 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011) e outras tantas sete ocasións pola Biblioteca Pública Municipal de Sarria (anos 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009 e 2010.
O 23 de outubro do ano 2010, con quince anos de idade, deu lectura do texto “Láncara” no acto de entrega á Real Academia Galega da Lingua do premio Ramón Piñeiro “Facer País”.
E, con dezasete anos, acadou o terceiro premio da XIII edición do Certame de Poesía “Diaz Jácome” convocado para xoves poetas de ata trinta anos de idade polo poemario titulado “Poñentes”.
Tamén con dezasete anos logrou o terceiro premio no programa “Xuventude Crea 2012” na especialidade de relato breve convocado pola Xunta de Galicia para xoves de ata trinta anos de idade pola obra “A Corda de Area”.
Dende que comezou os seus estudos de Medicina e ata a súa finalización colaborou e participou cos seus relatos en diversas publicacións.
Fóra do ámbito literario, foi finalista da Olimpiada Matemática Galega de 2009 para o segundo curso da E.S.O.