Vive en Becerreá, Lugo, Valladolid e Santiago de Compostela ata os 18 anos en que, por razóns familiares, marcha a Madrid. No Colexio Peleteiro de Santiago tiña comezado a escribir na revista “Vamos” ao tempo que se exercita na marcha atlética e na bicicleta, coa que acada o subcampionato galego de xuvenís.
Foi cofundador da “Páxina Universitaria” do xornal compostelán La Noche, no que seguirá colaborando ata a súa desaparición.
En Madrid estuda Dereito e Xornalismo na antiga Escola de Xornalismo.
Escribe a biografía-ensaio “Valle-Inclán:o home e o mito”. Tamén escribe na revista universitaria “Libra” e participa na fundación da Revista Oral da Facultade de Dereito. Escribe outra monografía: “Voltaire, la razón pertinaz”.
Forma parte do Teatro Español Universitario (TEU), co que é Premio Nacional de interpretación. Co-funda o Teatro Independiente Zírculo e traballa con Los Goliardos.
Toca a batería e o contrabaixo en destacados grupos “pop dos 60” e mesmo acompaña á jazz-woman Elia Fleta.
Continúa a práctica do ciclismo, agora na pista do Palacio dos Deportes, sendo subcampión de Castela en persecución por equipos de afeccionados.
De volta en Galicia, sería nas primeiras eleccións municipais alcalde de Becerreá e deputado provincial. Colabora en El Progreso, El Correo Gallego e La Voz de Galicia, na que exercerá como cronista parlamentario.
Secretario da Asociación Lucense de Información e Axuda a Drogodependentes, primeiro presidente da Asociación de Amigos do Camiño Primitivo, presidente do Club Cultural Valle-Inclán, membro fundador da Fundación Valle-Inclán, de Amigos do Museo Valle-Inclán, correspondente da Sociedad Histórica y Cultural del Reyno de Navarra, membro do Corpo da Nobreza do Antergo Reino de Galicia, da Orde do Mérito Civil e Infanzón de Yllescas.