Estanislao de Kostka Fernández Fernández


Data de Nacemento: 19 de setembro de 1966
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Doutor en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, International Business Program por GeorgeTown University e Executive-MBA pola Escola de Negocios de Caixanova. É licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía. 

 

 Obras realizadas

Foi profesor da Universidade Complutense, da New York Law School e da Universidade Europea de Madrid. Dirixente do Partido Popular da Coruña desde a súa fundación, ocupou os cargos de presidente e secretario xeral na Coruña. Tamén ocupou diversos cargos de designación política nos gobernos de Fraga, entre outros, delegado de Presidencia e asesor das consellerías de Industria, Xustiza, Administración Local e Interior. Dirixiu diversas campañas electorais na Coruña e colaborou na campaña de Bill Clinton en 1992 como adxunto á dirección de campaña no estado de Nova York, onde residiu tres anos. Na actualidade é profesor da Escola de Negocios Caixanova, presidente de KNM Management Systems e vicepresidente da Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais.

 

 Outros datos de interese

Fala cinco idiomas, ten dous libros publicados e numerosos artigos científicos sobre Ciencia Política.