Antonio Rivas Pol


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: En maio de 1948
Lugar de Nacemento: Xudán - A Pontenova (Lugo).

   Cultura
 Currículum

Estudia Maxisterio en Lugo, que exercerá en Chantada (Lugo), Caborana (Asturias) e Ferrol, lugar no que reside na actualidade.

 Obras realizadas

Desde sempre sentiu a necesidade de expresarse por medio do debuxo e a pintura, área que impartía ós seus alumnos e na que se especializou por mor dunha maior formación, con cursos oficiais ou coa axuda de expertos en temas que consideraba importantes. Coñeceu ó acuarelista asturiano, Sellaño, a quen invita ás súas clases de plástica coa finalidade de avezar ó alumnado nesta técnica.

A partir disto, foise pasando gradualmente ó mundo da acuarela en exclusividade. Conversas, lecturas, visitas a exposicións e moito papel roto, son os métodos de traballo de Antonio Rivas, pintor autodidacta. Sempre cre no camiño persoal de cada artista como modo de formación, atopando na paisaxe un mundo inesgotable de aprendizaxe e inspiración.

 Outros datos de interese

Realizou as seguintes exposicións individuais: Caixa de Aforros de Galicia (Ferrol, A Coruña, 1991), Banco Galego (Lugo, 1991), Casino Ferrolán (Ferrol, 1993), Banco Galego (Lugo, 1994), Casino Ferrolán (Ferrol, 1996), Concello de Pontedeume (Pontedeume, A Coruña, 1997), Ateneo Ferrolán (Ferrol, 1999), Casino de Ares (A Coruña, 2002), Real Coro Toxos e Flores (Ferrol, 2003), Casino Aresano (Ares, A Coruña, 2003), Real Coro Toxos e Flores (Ferrol, 2006) e Casino Aresano (Ares, A Coruña, 2010).

Fixo as seguintes exposicións colectivas: Feitura 91 (Ateneo Ferrolán, Ferrol, 1991), Feitura 92 (Ateneo Ferrolán, Ferrol, 1992), Feitura 93 (Ateneo Ferrolán, Ferrol, 1993), Arte para unha Navidade 93 (Galería Arte Galicia, Ferrol, 1993), Ares 94 (Casino de Ares, A Coruña, 1994), Acuarela 2000 (Casino Ferrolán, Ferrol, 1999), Certame de Pintura “Premio Almirante 1999”, “7 artistas Ferrolanos” na Sala Áncora (Cedeira, A Coruña, 2005), Exposición de pintura-escultura “Artistas de Ferrol” (Centro Comarcal da Mariña Occidental, Viveiro, Lugo, 2006) e II Exposición Pequeño Formato (Ateneo Ferrolán, Ferrol, 2006).