Jorge Berdullas del Río


Categoría: Músico e compositor
Data de Nacemento: 20 de agosto de 1960
Lugar de Nacemento: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
 Currículum

Comeza a traballar á idade de 15 anos no sector do metal, simultaneando os seus estudios musicais cunha xornada laboral de oito horas diarias durante sete anos. Estudia nos conservatorios da Coruña, Santiago e Madrid, obtendo o título de profesor de música. Dirixe masas corais e no ano 1985 realízase como músico profesional na administración pública mediante oposición libre. No ano 1986 funda o grupo de música contemporánea TALEA. No ano 1987 é membro fundador da A.G.C. (Asociación Galega de Compositores).

 Obras realizadas

Como compositor dá especial importancia ás estructuras matemáticas aplicadas á linguaxe musical, creando así partituras nas que se aprecia unha complexidade de texturas pouco común. Entre as súas composicións destacan: -El paso (1ª e 2ª partes) op.15a e 15b. Seis e doce percusionistas e dous directores (1989). -Biomecánicas (letanía para o día dos dereitos do home) op.17. Piano, performer e baixo. (1990). -Proun (homenaxe a El Lissitzky) op.19. Cuarteto de cordas nº2 (1991). -Alogón (o dominio do caos) op.20. Orquestra de cordas e catro voces mixtas (1991.) -Las estructuras del Caos, op.23. Metodoloxía para o establecemento dunha ciencia do movemento e os tempos simultáneos na música (1995-96.) -Res Facta (baixo o impulso de Neoriel) op.24. Cinco grupos orquestrais (vocal-instrumentais) espacializados e cinco directores temporizados por dispositivo informático (1998-2000). -El Apocalipsis según San Juan, op.25. Doce grupos orquestrais (vocal-instrumentais) espacializados, doce recitadores e doce directores temporizados por dispositivo informático (2001-2003).

 Outros datos de interese

Ten artigos dedicados á súa obra en varias publicacións, entre as máis significativas podemos destaca-la Gran Enciclopedia Galega, a Enciclopedia Universal de Galicia e o Diccionario da música Española e Hispanoamericana. Tamén cabe resaltar que a nivel internacional podemos atopar reseñas sobre a súa vida e obra no ?International Who's Who in music and musicians? directory (Cambridge), e no American Biographical Institute.