Estudou ata C.O.U. no Colexio dos Pais Paúles de Os Milagres de Baños de Molgas e fixo o servizo militar en Madrid.
Ao rematar os estudos e antes do servizo militar foi correspondente de Baños de Molgas para o xornal La Región.
Logo do servizo militar volveu coller a correspondencia ata o ano 1982, que foi cando marchou para Madrid a traballar de funcionario. Primeiro en Facenda, logo pasou ao Ministerio de Defensa, logo a Transportes, e finalmente acabou en Agricultura, hoxe, Medio Rural, que é onde segue. Traballa na Oficina Agraria Comarcal de Maceda (Ourense).
Segue a colaborar con La Región e leva toda a vida escribindo. Ten uns 50 libros ou máis escritos.
Segundo el mesmo di, é un “presunto escritor”, “presunto crítico cinematográfico” e un “ex-lector empedernido” e un cinéfilo total.
Está casado e ten dous fillos.
Ten o blog http://barricobosmolgas.blogspot.com O Recanto de Barricobos.