Con respecto ós seus contactos coa música vocal, participou no Coro de Ruada con polifonía e folclore, na Coral Polifónica “El Eco” con polifonía e coros de zarzuela e ópera, axudando ó director Rodrigo A. de Santiago nos ensaios, no coro “Cantigas da Terra” como director durante sete anos (durante 1944 e 1958 fixo viaxes culturais con esta agrupación á Bretaña Francesa en dous anos consecutivos, deixando moi alto o pavillón galego, tanto en polifonía como no folclore e bailes). Desta época destaca a seguinte producción de Cantigas da Terra: Alalá de Salcedo y otras seis, Foliada da Cantiga Mareira y otras diecisiete, Gran Pandeirada y otras seis, Manco do muiño y otras nueve, Muñeiras para gaitas sólo de la una a la seis, Era outra vez o muiño, obra costumbrista con libreto de Laureano Álvarez Martínez para coro, corpo de baile e orquestra sinfónica con intervencións de gaitas. En 1959 trasladouse a Santa Cruz de Tenerife.
Ó xubilarse nos anos 90, dedicouse a percorre-los pobos da provincia de Santa Cruz de Tenerife e publicou relatos coa historia das cincuenta bandas de música. Foi cofundador da Asociación de Compositores Sinfónicos e Musicólogos de Tenerife, ostentando o cargo de secretario durante os cinco primeiros anos. Neste último período escribiu para instrumentos de vento e percusión un dúo de frautas e fagots, dous tríos, dous cuartetos, tres quintetos e as obras sinfónicas Pentaton, Canarias I, Sextando, Canarias II e Lembranzas, entre outras. Toda esta producción consta rexistrada na SGAE.
Gañou unha oposición para as antigas Mutualidades, ingresando en xuño de 1949 como axudante de segunda e con traballo continuo ascendeu ó corpo técnico, xubilándose co cargo de subdirector na Tesourería Territorial da Seguridade Social.