Antonio Prado Gómez


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: En 1951
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Filosofía e Letras e Doutor en Historia pola Universidade de Santiago. Agregado (1979) e Catedrático (1981) de Xeografía e Historia, por oposición libre, de Institutos de Bacharelato. Director do instituto de Sarria entre 1983 e 1985. En 1985 incorpórase como catedrático ó instituto Lucus Augusti de Lugo. En 1989 obtén o título de Experto Universitario en Didáctica das Ciencias Sociais pola Universidade Complutense de Madrid e, entre 1989 e 1998, dedícase ás tarefas de formación do profesorado, primeiro como Formador de Formadores, e logo como Asesor de Ciencias Sociais no Centro de Formación Continuada do Profesorado de Lugo. Regresa á súa cátedra do instituto Lucus Augusti en 1998, no que desempeña ademais, desde 1999, o cargo de Secretario. Desde 1985 é profesor colaborador do ICE, como docente do Curso de Aptitude Pedagóxica e como titor de prácticas. Membro do Seminario Permanente de Historia do Mundo Contemporáneo desde 1986 a 1998. Relator e conferenciante en numerosos cursos, xornadas e actividades en localidades de toda Galicia, León e Valencia. No ano 2006 foi redactor do proxecto curricular para a área de Ciencias Sociais derivada da Lei Orgánica de Educación 2/2006 de 3 de maio, e actualmente vixente para o desenvolvemento da Educación Secundaria Obrigatoria en Galicia

 Obras realizadas

Publicou, en colaboración, varios libros de apoio educativo como “Historia do mundo contemporáneo. Síntese e documentos” (Vigo, Xerais, 1994), “De como estudiarmo-la Historia da España Contemporánea no Bacharelato” (A Coruña, Tambre, 1994) e “Materiais de Historia do mundo contemporáneo” (A Coruña, Tambre, 1995).

Colaborou no 150 aniversario do Instituto de Lugo (o decano de Galicia) con distintas publicacións: “Orixes razoadas do Instituto lucense” (Lugo, 1992), “O Instituto de Lugo, a través dos seus documentos, 1842-1942” (Lugo, 1992), guión do vídeo "O Instituto de Lugo, máis dun século de vida lucense" (Lugo, 1992) e “Unha visión do sistema educativo no primeiro liberalismo: 1842-1868” (Lugo, 1994).

 

LIBROS e CATÁLOGOS:

- La Diputación provincial en la época isabelina (II tomos). Diputación provincial de Lugo, 2005.

- El Fondo antiguo del Instituto provincial de Lugo, Tórculo, Santiago, 2011.

- O Instituto provincial de Lugo, 1842-1975, Deputación de Lugo, 2013.

- Instituto Nacional Masculino de Enseñanza Media. Memoria Gráfica: 1942-1960. Prelo, Lugo, 2010.

- Urbanismo en Lugo, 1917-1970 (con Julio Reboredo). Catálogo digital. Tórculo, 2012.

- Instituto Provincial de Lugo, CLXX Aniversario, Prelo S.L. Lugo, 2012.

- Valentín Portabales Blanco. O director da Restauración, Prelo S.L. Lugo, 2013.

 

ARTIGOS:

- José Jorge de la Peña, un espírito liberal, BMPL XIII, 2006-2008. pp. 209-223.

- A lei Moyano: os seus primeiros reflejos no ensino secundario. Actas I Encontro Iberoamericano de Museos Pedagóxicos e Museólogos da Educación. Santiago de Compostela, 2008.

- Historia dun patrimonio educativo: a colección visitable do IES Lucus Augusti. CROA nº 18, 2008.

- IV Jornadas Institutos Históricos Españoles, Revista Participación educativa nº 15, Madrid, 2010.

- Espacios urbanos de Lugo. El Instituto Masculino: un centro educativo en la memoria social, CROA nº 21, 2011.

- Os cursos de primavera, unha experiencia educativo-cultural do Franquismo (1958-1968), en Actas do VII Curso de Primavera, Sub Urbem: Historia, Sociedade e Cultura da cidade, 2011.

- Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999), en Revista Participación Educativa, nº extraordinario sobre profesorado de ensino medio, Madrid, 2011.

- Un século de ensino secundario: 1842-1939, en revista Murguía, número 27-28, monográfico sobre Historia da educación na Galiza, Oroso, 2013.

- Una defensa del libro de texto: el Manual del Bachiller en Artes de Mariano de Rementería, Revista de la ANPDPIH, año I, núm. 0, 2014. Edición digital.

- Unha visión educativa a mediados do século XIX: o “Diccionario de Educación e Métodos de Enseñanza” de Mariano Carderera. En revista Sarmiento nº 18-19. 2015.

- La segunda enseñanza en la Primera República. Rev. Cátedras y Gabinetes, núm. 1, año 2016.

- En defensa del Estado-Nación: la Historia General de España de Modesto Lafuente. Rev. Cátedras y Gabinetes, núm. 2, año 2017.

- El Minerva de la juventud española de Juan Manuel Ballesteros. Rev. Cátedras y Gabinetes, núm. 3, año 2018.

- Milicia e exército na 1ª Guerra Carlista: o desenvolvemento da Quinta Mendizábal en Lugo. BMPL XV, 2012-2018.

 

PONENCIAS EN XORNADAS DA ASOCIACIÓN NACIONAL PARA A DEFENSA DO PATRIMONIO DOS INSTITUTOS HISTÓRICOS (ANPDPHI, da que é directivo dende 2012):

- III Jornadas (Guadalajara, 2009): La escuela como objeto: el Museo Pedagógico de Galicia (con Antonio Rial Sánchez).

- V Jornadas (Cabra, Córdoba, 2011): Un análisis del patrimonio arquitectónico: El Instituto de Lugo.

-VI Jornadas (Logroño, 2012): El patrimonio de las ideas: los proyectos educativos de Ramón Giralti-Pauli.

- VII Jornadas (Burgos, 2013): Una propuesta para reconstruir la memoria de los Institutos históricos.

-VIII Jornadas (Badajoz, 2104): Una visión del mundo a mediados del siglo XIX: el Curso completo de Geografía universal Antigua y Moderna de Letronne.

- IX Jornadas (Maó, 2105): Libertad de enseñanza en el siglo XIX. El Boletín-Revista de la Universidad de Madrid.

- X Jornadas (Teruel, 2016): El libro de Historia como recurso ideológico: el Compendio de Historia Universal de Gregorio Weber.

- XI Jornadas (Murcia, 2017): Un libro polémico: Examen crítico del Curso de Historia de España de Anselmo Arenas.

- XII Jornadas (Madrid, 2018): Curso de Historia de la Civilización de España, de Fermín Gonzalo Morón.